HERPETOLÓXICAS OURENSÁ (CENTROS EDUCATIVOS)

Data inicio: 01/05/2020     Data fin: 29/05/2020

 HERPETOLÓXICAS OURENSÁS: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza. 
Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense. 
Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país. 

A actividade divídese en duas partes:
Parte teórica (Na Aula da natureza do río Miño)
Parte Práctica (Visita unha zona  de Ourense)


Autobus aportalo a Concellaría de Educación.

Destinatarios/as  a actividade adecuara a idade dos alumnos
Lugar Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n
Grupos: 4 grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00  de febreiro
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tfno: 988510781 
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad