VISITA A ETAP(CENTROS EDUCATIVOS)

Data inicio: 03/02/2020     Data fin: 12/06/2020

DESCRICIÓN

A actividade céntrase na visita guiada á Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) na cidade de Ourense, onde se lles dará aos escolares unha
explicación previa, a través dun soporte didáctico, do proceso que van ver: a Potabilización.

Despois os operarios da planta porán a funcionar un filtro para que os escolares vexan en directo a limpeza desta, ademáis de estaren sempre dispoñibles para resolver as dúbidas que puidesen xurdir.


OBXECTIVOS

  • Coñecer a importancia e necesidade de potabilizar as augas
  • Coñecer o complicado e custoso labor de captación, potabilización, almacenamento e distribución da auga.
  • Concienciar da necesidade de non malgastar a auga potable.

DESTINATARIOS/AS
           
  • Alumnos de  5º e 6º de E.P. / E.S.O. 

PERIODIZACIÓN

  • Do día 1 de febreiro ao 12 de xuño
  • Na ETAP.A charla será nunha aula da Escola de Música fronte a ETAP
  • Esta actividade ten unha duración de 60 minutos, aproximadamente


NOTA:

  • O CENTRO TEN QUE POR O AUTOBÚS


OBSERVACIÓNS

  • Por decisión dos técnicos da planta só se admiten grupos de 15 persoas.


Coordinador

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad