PASEOS POLA RIVEIRA DO MIÑO EN BICICLETA (CENTROS EDUCATIVOS)

Data inicio: 04/05/2020     Data fin: 29/05/2020

Descrición
No campo da interpretación ambiental, presentamos unhas rutas interpretativas na natureza, a pé ou de bicicleta, coa finalidade dun maior coñecemento do medio a través da súa fauna, flora, paisaxes,etc., procurando ao tempo o divertimento dos participantes.
A actividade que presentamos é a denominada “Ruta ciclointerpretativa do río Miño”.

A actividade proposta consiste nun itinerario guiado en bicicleta, utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.

O punto de partida do percorrido 
Saída desde Aula da natureza do río Miño ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves -polo menos- e regreso cara á pasarela de Oira pola marxe dereita do río.
A duración aproximada do percorrido sería de 3 horas, unha mañá; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono e inverno (desde finais do verán a principios de primavera).

Obxectivos
  • Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
  • Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
  • Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.
Marterial
Contamos cun parque de 20 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e uns prismáticos,e 2 telescopios para a observación de aves.

Autobus aportalo a Concellaría de Educación.


Lugar de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato
Grupos: 4 grupos non superiores a 25 persoas

Periodización:  Abril e maio 

Horario: de 10:00 a 13:00h

Duración: 90 minutos

Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada

Tlno: 988510781 

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad