COÑECE O MIÑO (CENTROS EDUCATIVOS)
Data inicio: 16/03/2020 Data fin: 29/05/2020
Descrición
Desde a Aula da natureza do río Miño realizarase unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos Miño, Loña e Barbaña. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos da cidade por parte dos centros con persoal especializado.
O 14 de marzo, celébrase o Día dos ríos, a auga e a vida. É xa a súa décimo terceira edición. En moitas cidades e países do mundo a xente manifestarase reivindicando a protección dos ríos e da auga.
Desenvolveranse xornadas de sensibilización e educación ambiental entre escolares.
As actividades consistirán na análise da calidade das augas e na limpeza do leito e ribeira
Obxectivos
- Coñecer e actuar para conservar os ríos
- Dar a coñecer aos alumnos dos centros educativos da cidade os valores ambientais dos ríos Miño, Loña e Barbaña.
- Animar aos escolares a participar na súa conservación
Autobus aportalo a Concellaría de Educación.
Destinatarios/as Alumnado de Educación
Lugar de realización A parte teórica realizarase na Aula da natureza do río Miño.Paseo fluvial de Oira s/n.
Periodización: Marzo, abril, maio
Grupos 4 grupos non superiores a 25 persoas
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 90 minutos
Coordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tfno: 988510781
Correo electronico aulanatureza@ourense.es
https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/