AQUALOXÍA (CENTROS EDUCATIVOS)
Data inicio: 15/10/2019 Data fin: 29/05/2020
AQUALOXÍA(ACTIVIDADE REALIZARSE NO PROPIO CENTRO EDUDATIVO)
Descrición
Nova actividade organizada por Viaqua (que se levou a cabo no curso anterior como experiencia piloto en algún centro)
Da man das personaxes de Aqualoxía, un monitor/a iniciará ao alumnado no coñecemento da auga da nosa cidade mediante recursos educativos dixitais e interactivos.
O alumnado realizará actividades prácticas onde son parte activa no desenvolvemento dun conto, xogan a descubrir o consumo da auga, descobren a rede de transporte de augas, practican a xestión da auga dunha cidade, ou reflexionan sobre cómo evitar que se manche a auga, experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.
Achegamos un arquivo explicativo.
O alumnado que realice esta actividade poderá visitar a ETAP de Ourense (Estación de tratamento de augas potables).
Obxectivos
- Concienciar aos escolares sobre a importancia do medio ambiente e da auga.
- Achegar aos estudiantes o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga, a través de material audiovisual, de experimentos prácticos e xogos, este programa didáctico trata de potenciar a participación e interacción dos alumnos mediante o uso das novas tecnoloxías.
- Os escolares coñecerán o ciclo natural da auga a través de un vídeo de debuxos animado coas personaxes: Minerva, Qualo, Vitrubio, Clara e Salvador; realizarán varias actividades, desde xogar a coñecer o consumo de agua nunha cidade, ata descubrir a rede de transporte de auga, e simular sobre cómo evitar que se ensucie a auga experimentando técnicas de laboratorio para analizala e limpiala.
- Os principios pedagóxicos nos que se fundamenta Aqualogía se basan en metodoloxías didácticas que posibilitan a educación urbana dos máis pequenos, e donde aprender non é unha simple acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento da capacidade de utilizalos.
Dirixido a
Alumnado de 3.º de EP.
Periodización
• A actividade ten unha duración de 60 mn, no centro escolar.
Observacións:
Unha vez concedida a actividade e data, considerase inamovible. Ademais de ser aprobadas no Consello escolar.
Actividade sen costo ningun para os centros escolares
Contacto:aulanatureza@ourense.es