{Normas de participación}

CONCESIÓN DAS ACTIVIDADES
Terase en conta as seguintes consideracións:
• Condicións indicadas en cada programa e actividade
• Orde de recepción de solicitudes
• Participación na mesma actividade o curso pasado
• O/A coordinador/a poderá modificar o nº de alumnos dependendo dos aforos dispoñibles e/ou da demanda


COMPROMISO DOS CENTROS PARTICIPANTES

A persoa responsable do grupo participante comprométese a:
• Recoller os materiais necesarios
• Colaborar no bo desenvolvemento da actividade
• Asumir as condicións específicas de cada programa
• Devolver en bo estado o material didáctico recibido en préstamo
• Comunicar con suficiente antelación as variacións ou anulacións da súa solicitude
• Cubrir a folla de avaliación (modelos que se achegan) despois de cada actividade e entregala á/ó coordinador/a da mesma no prazo indicado
• Entregar as autorizacións da (modelo que se achega) ó/á coordinador/a con anterioridade en todas as saídas do centro escolar
• Permitir ós medios de comunicación o acceso ás actividades para a súa posterior difusión (prensa, programación, calendarios, carteis, pósters, vídeos, dípticos, páxina web…)


OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE
• Cando algunha das actividades requira abonar un importe determinado, o profesor/a responsable deberá facer un ingreso único no nº de conta de Abanca 
: ES85 20805251403111391114 indicando claramente o concepto do mesmo e que é a  Concellería de Educación a través da que se realizará esa actividade. Unha vez feito, o resgardo orixinal do pagamento deberá ser entregado ó/á coordinador/a nas dependencias da Concellería ( Praza San Martiño, nº2, 1º) ( Antiga Policía Local), tendo como prazo 15 días antes da saída.

 


© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica