LIBRI TERRAE (1°-2° EP)
Data inicio: 28/10/2019 Data fin: 13/12/2019
LIBRI TERRAE- NOVIDADE
Descrición
Libri Terrae é un proxecto para animar á lectura dun xeito orixinal e diferente da man de catorce personaxes creados coa forma de distintos libros e que farán máis divertido e atractivo estes obradoiros e actividades.
Os nenos e nenas non son meros espectadores, senón que teñen unha participación activa nos obradoiros.
Obxectivos
- Animar á lectura e á dramatización con contos axeitados á idade dos nenos e nenas.
- Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
- Manter unha boa actitude de escoita.
- Favorecer a expresión oral en lingua galega.
- Conseguir espertar nos nenos/as o respecto cara os libros e resaltar a importancia deles coma base do noso saber e do desenvolvemento da imaxinación e da creatividade.
Destinatarios/as
Alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.
Periodización
Primeiro trimestre.
Achegas da Concellería
ACTIVIDADE TOTALMENTE GRATUITA.
Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145 / educa.programas2@ourense.es)
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad