{Consello escolar municipal}

O Consello Escolar Municipal de Ourense é un órgano colexiado de participación e consulta en materia educativa no ámbito municipal. Representa á comunidade educativa do concello de Ourense.

Concíbese como o foro de reflexión e debate, o lugar de encontro das ideas, das iniciativas e das propostas de mellora e cambio da política educativa municipal, sendo tamén o nexo de unión entre o sistema educativo público e o privado.

A estratexia fundamental do seu funcionamento é o fomento e instrumentalización da participación democrática de todos os sectores implicados e protagonistas directos da acción educativa, na xestión educativa, na programación xeral do ensino non universitario e na planificación dos centros escolares no ámbito municipal.

A finalidade do Consello é promover actividades, informes e propostas que melloren a calidade da educación, a través da participación e colaboración entre todas as partes implicadas.

Específicamente, son obxectivos do Consello:

  • Velar pola consecución do acceso de todos os habitantes do municipio de Vigo aos niveis educativos e culturais que permitan a súa realización persoal e socio-laboral, promovendo con esta finalidade cantas accións sexan precisas para acadar a igualdade de oportunidades no ámbito educativo, a compensación educativa e a atención á diversidade.
  • Fomentar o respecto pola liberdade, a convivencia, a igualdade, a xustiza, o pluralismo e a normalización da lingua galega na comunidade educativa.
  • Impulsar e incentivar a calidade do ensino en todos os seus aspectos.
  • Promover a participación real, efectiva e continua da comunidade educativa nos centros docentes.
  • Ofrecer a máis ampla información sobre a súa actividade e sobre a situación actual do ensino no ámbito municipal

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica