Benvido á nosa nova páxina web municipal, 

Recentemente renovado o novo portal oficial do Concello -www.ourense.es-, estreamos unha nova dirección de contidos específicos dunha das nosas arterias principais na xestión municipal: a educación. 

Consideramos que pode converterse nunha plataforma ideal tanto para os pais e nais, como para os docentes, equipos directivos e os propios alumnos dos centros escolares, que terán toda a información educativa á súa disposición dun xeito máis próximo e doado, e poderán inscribirse en actividades e programas por vía telemática.

Coa posta en marcha desta ferramenta confirmamos a nosa forte aposta polas novas tecnoloxías, tan importantes nun eido como a educación, que debe actualizarse día a día e amoldarse ás necesidades que surxen nos sistemas educativos.

Coma docente que son, considero a plataforma moi útil pola súa posibilidade de estar ó día das actividades e programas que ofertamos dende a nosa institución, así como descargar as unidades didácticas ou os contidos complementarios das actividades propostas.

Agardo que aproveitedes ó máximo esta nova plataforma, e por suposto estamos abertos a todo tipo de suxerencias para mellorala na medida das nosas posibilidades. 

Un agarimoso saúdo,

Alcalde de Ourense, 

Francisco Rodríguez


{Próximas actividades}

ACTIVIDADE FÍSICA E EDUCACIÓN

21/05/2012

  (+)

ENTRE FONTES (4º EP)

21/05/2012

  (+)

TERMALISMO/Centros Educativos.

23/05/2012

  (+)

CONFERENCIAS: A DIVERSIDADE NA

23/05/2012

  (+)

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (

23/05/2012

  (+)
© 2010 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica