Contacto
XXII CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
“AS PORTAS DA NOSA CIDADE: OURENSE”
A cidade de Ourense naceu en torno a un campamento romano, creado para a defensa da Ponte sobre o Miño, que constituía unha importante vía de comunicación.Non tivo a nosa cidade importantes murallas, coma outras moitas do seu tempo. No seu lugar , humildes muros perforados por multitude de portas, delimitaban o espazo que separaba ao mundo rural do urbán, reduto dos artesáns e dos comerciantes .A través da lembranza destes antigos negocios, percorreremos as portas da cidade.
Obxectivos xerais
• Implicar o profesorado na motivación á lectura dos alumnos/as.
• Conseguir que os/as alumnos/as vexan no libro algo diferente a un “obxecto para o estudo”.
• Axudar o profesorado na elaboración de materiais para a lectura.
• Realizar un intercambio de experiencias entre distintos centros.
• Fomentar a lectura comprensiva para a realización de postas en común.
• Ofrecerlle ao alumnado actividades lúdicas que nazan do libro.
• Servirlle de apoio ao profesorado no emprego das bibliotecas públicas e de centro.
Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988388136- educa.programas2@ourense.es)
ACTIVIDADES
- DÁLLE FORMA AOS TEUS CONTOS (ED. INFANTIL)
- CONTACONTOS (1º ciclo EP)
- POEMARIO ANIMADO (4º EP)
- BIBLIOTECAS MUNICIPAIS (2º ciclo EP)
- BIBLIOTECA DE CENTRO (5º EP)
- ENCONTROS CO AUTOR (6º EP)
- XXII EXPOSICIÓN DE ANIMACIÓN Á LECTURA "AS PORTAS DA NOSA CIDADE: OURENSE" (EI e 1º , 2º ciclo EP)
- RECITAL DE ANIVERSARIO DO CÍRCULO POÉTICO OURENSÁN (4º ESO)
- CURSO PARA PROFESORES: A MAXIA COMO RECURSO PARA CONTAR NA AULA
- CONTOS DO CAMIÑO E DA RÚA (4º ESO, 1º BAC)
- I CONCURSO DE POESÍA INÉDITA-CÍRCULO POÉTICO OURENSÁN (entrega de premios)