CONVENIOS PRÁCTICAS PREPROFESIONAIS


DESCRICIÓN

Estes convenkios de cooperación teñen po obxecto facilitar a preparación para o exercicio profesional do alumnado universitario nas áreas operativas das empresas e a súa incorporación futura ao traballo dentro da sociedade.

O Programa de prácticas académicas desenvolverase conforme os seguintes termos:

 

  1. A duración das prácticas externas curriculares será a que estableza o plan de estudos correspondente nos termos establecidos polo artigo 12.6 do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro.

     

  2. A duración das prácticas externas extracurriculares axustarase á normativa complementaria desenvolvida pola universidade de Vigo.

     

  3. O alumnado contará cunha persoa titora da entidade colaboradora e con outra da Universidade de Vigo para realizar as prácticas.

     

  4. O horario das prácticas procurará en todos os casos adaptarse aos horarios lectivos. En particular, o alumnado ten dereito a realizar as probas de avaliación correspondentes aos estudos en que se matriculara e a empresa está obrigada a concederlle os permisos necesarios para asistir a elas.

     

  5. O proxecto formativo en que se concreta a realización de cada práctica académica externa fixará os obxectivos educativos e as actividades que se desenvolverán.



DESTINATARIOS/AS

Alumnado de prácticas da UVigo e de centros CIFPs.



COORDINADORA


Delfina Lage Fernández 988388145 / correo: educa.programas5@ourense.es 

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica