EDUCACIÓN VIAL, PREVENCIÓN E SEGURIDADE


Os avances tecnolóxicos supoñen dentro da maior parte das disciplinas en xeral  e da do tráfico en particular unha modificación dos hábitos, costumes e incluso das rutinas, polo tanto non se pode negar que ca evolución das técnicas milloroú de maneira notable o concepto de seguridade vial en todos os aspectos e dende todos os puntos de vista, ben sexa do conductor, peón ou usuario das vías públicas.

Ante a realidade actual en materia de accidentes de tráfico, ante as secuelas que deixan tras de sí, ante as dimensións que adquiriú o dereito circulatorio unido o do propio sector do automóvil, segue sendo todavía escaso o porcentaxe de medidas que se adican o estudio da prevención de accidentes.

En Ourense do mesmo xeito quenoutras cidades medra ano tras ano o parque automovilístico e iso ten vantaxes pero tamén conleva algúns inconvenientes.

Vivir nunha cidade leva ímplicito ter que superar algúns problemas e un deles é o de ter que aturar un gran volume de tráfico. Para afrontalo compre que sexamos conscientes de que todos debemos ter un comportamento cívico e respetuoso cos demáis. Ese é o único xeito de asegurar unha convivencia  o máis agradable posible entre todos os que compartimos os espacios públicos de Ourense.

Coñecendo ás normas de tráfico, respetándoas e tendo en conta que Ourense é de todos e que, polo tanto, a todos e todas nos corresponde coidalo, teremos moito camiño andado para conseguir a cidade que queremos: un lugar máis cómodo, máis seguro e máis agradable para vivir.

Agardamos todos os que nos estamos adicando a educación viaria que sirva de axuda na tarefa na que estamos empeñados en desenvolver, e facer de Ourense unha cidade mellor.


Contribuir a educar a la infancia en valores viarios de maneira que se estén sentando as bases para que se xeneren en eles estratexias capaces de favorecer unha autoprotección ao longo da vida.


O alumnado tamén en certas ocasións pode ter que enfrontarse a situacións nas que teña que actuar e debe saber que cousas pode facer e cales non, polo que debemos proporcionarlles as ferramentas necesarias para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala.

Coñecer as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios é moi importante. 

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica