CAMIÑO ESCOLAR

Descrición

Deseñáranse itinerarios que permitan o desprazamento a pé dos nenos/as sen a necesidade de que vaían acompañados por adultos. Estes itinerarios escolléranse entre os percorridos máis utilizados pola meirande parte do alumnado no traxecto de ida e volta a escola e establecéranse unhos puntos de encontro dende os que partiría sempre o grupo de nenos/as que vivan nese itinerario. Os cruces máis conflitivos serán supervisados sempre por un adulto voluntario que velará pola seguridade dos menores ata que eles teñan a autonomía necesaria.

Cos maís pequeniños de infantil e do primeiro ciclo da primaria pode establecerse o pedibús, un grupo de 5 ou 6 nenos e nenas que serían acompañados por un pai ou nai, ou un voluntario que custodie ao alumnado ata o colexio.


Creación de material didáctico que axude á comunidade educativa da cidade de Ourense a traballar a mobilidade sostible e a coordinación do proceso de implantación do Proxecto nos novos centros.


Obxectivos

  • Impulsar a recuperación do espazo público, como un espazo de relación e convivencia e como unha maneira innovadora e participativa de abordar a educación cara á mobilidade.
  • Facilitar que os nenos/as vaian á escola a pé de maneira autónoma por unha ruta segura se son alumnos da Primaria, e acompañados de adultos, se son alumnos de EI ou do 1º ciclo da EP.
  • Evitar o uso do vehículo privado para ir o colexio e utilización do transporte urbano

Dirixido a

Todo o alumnado de EI e EP  onde este ubicado o centro que desexe participar.


Temporalización

Todo o curso escolar.


Achegas da concellería

  • Coordinadora do Programa de Educación viaria

Colaboran

 Alumnado dos centros.
• As familias.
• O profesorado.
• As APAS e ANPAS.
• As asociacións de veciños.
• Asociación empresarios: establecementos comerciais do barrio.
• Outras concellerías
• Policía Local.
• Xefatura Provincial de Tráfico (DGT)

Máis información

www://educacionourense.com/caminoescolar


ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica