EDUCACION VIAL - PREVENCIÓN E SEGURIDADE


Os avances tecnolóxicos supoñen dentro da maior parte das disciplinas en xeral  e da do tráfico en particular unha modificación dos hábitos, costumes e incluso das rutinas, polo tanto non se pode negar que ca evolución das técnicas milloroú de maneira notable o concepto de seguridade vial en todos os aspectos e dende todos os puntos de vista, ben sexa do conductor, peón ou usuario das vías públicas.

Ante a realidade actual en materia de accidentes de tráfico, ante as secuelas que deixan tras de sí, ante as dimensións que adquiriú o dereito circulatorio unido o do propio sector do automóvil, segue sendo todavía escaso o porcentaxe de medidas que se adican o estudio da prevención de accidentes.

En Ourense do mesmo xeito quenoutras cidades medra ano tras ano o parque automovilístico e iso ten vantaxes pero tamén conleva algúns inconvenientes.

Vivir nunha cidade leva ímplicito ter que superar algúns problemas e un deles é o de ter que aturar un gran volume de tráfico. Para afrontalo compre que sexamos conscientes de que todos debemos ter un comportamento cívico e respetuoso cos demáis. Ese é o único xeito de asegurar unha convivencia  o máis agradable posible entre todos os que compartimos os espacios públicos de Ourense.

Coñecendo ás normas de tráfico, respetándoas e tendo en conta que Ourense é de todos e que, polo tanto, a todos e todas nos corresponde coidalo, teremos moito camiño andado para conseguir a cidade que queremos: un lugar máis cómodo, máis seguro e máis agradable para vivir.

Agardamos todos os que nos estamos adicando a educación viaria que sirva de axuda na tarefa na que estamos empeñados en desenvolver, e facer de Ourense unha cidade mellor.


Contribuir a educar a la infancia en valores viarios de maneira que se estén sentando as bases para que se xeneren en eles estratexias capaces de favorecer unha autoprotección ao longo da vida.
 
Proporcionar ao alumnado as ferramentas para saber enfrontarse ante unha situación de emerxencia sen empeorala.
Coñecer as primeiras medidas de seguridade perante un accidente: normas básicas de socorrismo e primeiros auxilios.

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica