MEDIOAMBIENTE
A preocupación constante dunha sociedade é a comprensión do seu contorno e, desta forma, ir equilibrando a vida co pensamento, como diría o ilustre poeta barroco sevillano, Andrés Fernández de Andrada, na súa epístola moral a Favio.
Aínda que o cometido da Coordinadora das actividades de Educación en Medioambiente, non é dar leccións de moral a ninguén, si ten como obriga e tamén devoción, achegar na medida das súas posibilidades, todo o seu entusiasmo e traballo, para dar aos estudantes ourensáns unha visión máis acorde cos tempos e as circunstancias que nos tocou vivir.
Educación en Medioambiente é un campo moi amplo no que podemos perdernos e, por iso, cremos que estas actividades que, a continuación vos describimos, son o comezo e a continuidade dun traballo de equipo no que tratamos de inculcar uns hábitos nos nosos costumes que, seguramente, irán mellorando a nosa actitude e coñecemento fronte aos retos da saúde e relación amable co ámbito. Este é o obxectivo fundamental do programa Educación en Medioambiente.
ACTIVIDADES
- O XINETE DAS ÁRBORES: BAÑO DE BOSQUES / EI / 1ºEP
- ALFABETIZACIÓN ENERXÉTICA. 2º A 6º EP/ ESO E BACH
- TI RECICLAS, OURENSE GAÑA / 5º 6º EP.
- CADERNO DE CAMPO / 3º 4º EP
- ARQUINENOS / 2º A 6º EP
- A DIVERSIDADE NATURAL DE OURENSE./ ESO e BACH.
- TI CONTAS: PROGRAMA DE SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL SOBRE INCENDIOS FORESTAIS./ E. P.