PRENSA NA ESCOLA

PRENSA NA ESCOLA

Si a principal finalidade da educación é “preparar para a vida”, nada mellor que preparar para desenvolverse no momento actual. A continua actualización dos libros de texto da lugar a protestas por parte das familias que non poden reutilizar os libros de texto para os irmáns. 

A prensa é un soporte de parecidas características ós libros de texto pero que facilita unha continua actualización dos contidos día a día. As novas tecnoloxías presentan certas aplicacións que non podemos obter da prensa en papel, pero carece de outras aplicacións que nos ofrece a prensa en papel para outras moitas actividades educativas.

A  maioría dos xornais contan cunha separata semanal destinada aos colexios, non so esa separata constitúe un recurso didáctico, todos os días podemos sacar da prensa escrita noticias que  poden funcionar como centro de interés para traballar calquera das competencias educativas.

Os xornais contan con webs que complementan o soporte papel. Nestas webs podemos atopar temas, Unidades Didácticas, Dosieres elaborados por profesores, pedagogos ou expertos sobre algúns temas tratados no xornal en algún momento.

O emprego do xornal como recurso didáctico non debe cinguirse á “Semana da prensa na Escola” e debería empregarse cada vez que o profesor entenda que supón un recurso didáctico de gran valía.

Por todo isto, este ano ofertamos un novo programa PRENSA NA ESCOLA.


OBXECTIVOS:
  • Aprender coa prensa.
  • Facilitar aos profesores un recurso didáctico de actualidade diaria.
  • Desenvolver novas experiencias educativas.
  • Introdución da realidade na aula
  • Fomento da aprendizaxe interdisciplinario.
  • Entrar en contacto cos usos cotiáns e vivos do idioma, 
  • Mergullar aos entudiantes na actualidade da cultura, a política e a vida comunitaria.

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica