CAMIÑO ESCOLAR

Descrición


Dende esta concelleria, levamos algún tempo traballando no proxecto “O Camiño Escolar”, un ambicioso programa, que impulsa entre os alumnos da primaria modos de mobilidade sostible, dirixidos a fomentar os traslados diarios da casa á escola a pé e de maneira responsable, por una ruta segura establecida previamente.

 O porqué do Camiño Escolar

O proxecto do Camiño escolar
Camiño escolar nos barrios
Colaboran os seguintes participantes
Links
Deseñáranse itinerarios que permitan o desprazamento a pé dos nenos/as sen a necesidade de que vaían acompañados por adultos. Estes itinerarios escolléranse entre os percorridos máis utilizados pola meirande parte do alumnado no traxecto de ida e volta a escola e establecéranse unhos puntos de encontro dende os que partiría sempre o grupo de nenos que vivan nese itinerario. Os cruces máis conflitivos serán supervisados sempre, por un adulto voluntario que velará pola seguridade dos menores.


Creación de material didáctico que axude á comunidade educativa da cidade de Ourense a traballar a mobilidade sostible e a coordinación do proceso de implantación do Proxecto nos novos centros.

O papel do transporte público neste proxecto.

Obxectivos

Impulsar a recuperación do espazo público, como un espazo de relación e convivencia e como unha maneira innovadora e participativa de abordar a educación cara á mobilidade.
Facilitar que os nenos/as vaian á escola a pé de maneira autónoma por unha ruta segura se son alumnos da Primaria, e acompañados de adultos, se son alumnos de EI ou do 1º ciclo da EP.
Evitar o uso do vehículo privado para ir o colexio e utilización do transporte urbano
Dirixido a

Todo o alumnado de EI e EP.


Temporalización

Todo o curso escolar.


Achegas da concellería

Técnico Medio ambiental
Coordinadora do Programa de Educación viaria

Colaboran

• Alumnado dos centros.
• As familias.
• O profesorado.
• As APAS e ANPAS.
• As asociacións de veciños.
• Asociación empresarios: establecementos comerciais do barrio.
• Outras concellerías
• Policía Local.
• Xefatura Provincial de Tráfico (DGT)

Máis información

www://educacionourense.com/caminoescolar

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica