ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA


As Escolas de Música teñen como finalidade xeral ofrecer unha formación práctica en música, dirixidas a aleccionados de calquera idade, sen prexuízo da súa función de orientacióna estudos profesionais para todo aquel que teña  vocación e aptitude.

PREINSCRICIÓN: 
O prazo de presentación de instancias é do  01 ao 14 DE XUÑO
Os impresos se poderán recoller na Concellería de Educación (Praza San Martiño nº 2, 1º) ou na oficina de atención o cidadá.

LISTADO ADMITIDOS  1 SEPTIEMBRE


OBXETIVOS
  • Fomentar a educación musical e a práctical musical.
  • Proporcionar unha experiencia musical globalizada que permita descubrir     as     potencialidades     musicais     do     alumno posibilitándolle a expresión musical a través da elección do instrumento.
  • Educar o oído de forma melódica e harmónica, como base para desenvolver as súas propias ideas.
  • Fomentar a participación activa do alumnado a nivel grupal.
  • Desenvolver a sensibilidade estético-musical.
  • Aproveitar a capacidade intuitiva do alumnado, a súa habilidade e  predisposición  especial ante  as  novas  tecnoloxías para introducilo nas ferramentas que a informática proporciona para desenvolver as diferentes capacidades musicais.
  • Aprender a utilizar a voz como elemento expresivo.

ACTIVIDADES:

MÚSICA E MOVEMENTO
Dirixido a nenos e nenas de entre os 4 e os 7 anos de idade, divididos en dous niveis, Música e Movemento I para 4 e 5 anos e Música e Movemento II para 6 e 7 anos. Ten como finalidade desenvolver a sensibilidade musical e o sentido rítmico a través da expresión vocal, instrumental e o movemento, así como iniciarse na aprendizaxe da linguaxe musical.
Aspectos para traballar:
Voz e canción
Ritmo, movemento e danza
Educación auditiva
Educación instrumental
Lectura e escritura
Temporalización:
Curso escolar. 2 sesións semanais de 45 min no primeiro nivel, e de 60 min no segundo nivel.

PRÁCTICA INSTRUMENTAL
Esta é a actividade principal da escola, completándose con outras. As clases impartiranse individualmente.  O primordial é impartir e conseguir unha formación musical o máis completa posible que permita o goce da práctica instrumental tanto individual como en grupo.
As especialidades que se imparten na EMMO son: piano, frauta traveseira e frauta  de  pico,  clarinete,  saxofón,  violín,  guitarra  clásica, guitarra eléctrica e percusión. 
O Plan de Estudos da EMMO contempla tres nivieis:
Nivel I (Verde): 3 cursos
Nivel II (Azul): 3 cursos
Nivel III (Roxo): 2 cursos
Temporalización: 1 sesión semanal de 30 min, 45 min ou 60 min dependendo do nivel/curso do alumno/a. 
A escola ofertará na especialidade de violín  clases para nenos e nenas a partir dos 4 anos  acompañados do pai, nai ou titor que participará  de forma activa e directa na aprendizaxe do instrumento.

ACTIVIDADES DE CONXUNTO 
Estas  disciplinas  son  o  eixo  vertebrador  das  escolas  de música, representa o fin último que persegue a ensinanza dun instrumento na educación musical para aleccionados. Tódolos  alumnos  poderán  participar  nun  conxunto instrumental ou vogal en función do seu instrumento e do estilo de música que practiquen. 

FORMACIÓN COMPLEMENTARIA 
Neste apartado ofrécese unha formación complementaria ó instrumento. Os alumnos acceden a   formación   nos   diferentes   aspectos   que  conforman   a globalidade da música.
Estas materias axudan a unha mellor compresión das necesidades prácticas, teóricas e expresivas do fenómeno musical: linguaxe musical, audición,….

HORARIO
As clases se impatirán de tarde en horario de 15:30h a 22:00h de luns a venres, e tamén habería posibilidade de mañás (a convir co profesor).


ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica