ESCOLA MUNICIPAL DE IDIOMAS


CURSO 2017/ 18

PREINSCRICIÓN: 
O prazo de presentación de instancias é do  01 ao 14 DE XUÑO
Os impresos se poderán recoller na Concellería de Educación (Praza San Martiño nº 2, 1º) ou na oficina de atención o cidadá.

Cursos de duración coincidente co ano escolar.

Matrícula 19.80 €
COTA TRIMESTRAL: 59.60 €

HORARIOS:
Horario lectivo: 
    Mañáns: venres de 10:00h a 12:00h
    Tardes: de luns a venres 16:30h a 21:00h
Horario secretaría: 8:30h a 14:30h


CONTACTO:
  • Dirección: Concellería de Educación, Praza de San Martiño nº2 - 1º, 32005 Ourense.
  • Teléfono: 988 388 136.
  • Fax: 988 388 159
  • E-mail: escoladeartes@ourense.es

NORMAS DE MATRICULACIÓN ESCOLAS MUNICIPAIS: Música, teatro e idiomas.

Para ter dereito a unha praza nos cursos de duración coincidentes co ano escolar nas distintas escolas municipais, os interesados deberan acompañar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.

1. Condición de familia numerosa, se é o caso, mediante a presentación de copia do título de familia numerosa.

2. Acreditación de minusvalía superior ao 33% do alumno ou dalgún membro da unidade familiar, mediantea presentación de copia do certificado oficial acreditativo da minusvalía e grao, expedido pola Xunta de Galicia. No citado certificado deberá constar a data de inicio do recoñecemento da minusvalía e si esta é definitiva ou provisional coa data de finalización de efectos neste último caso.

3. Copia do Documento Nacional de Identidade.

4. Copia do Libro de Familia.

5. Copia da Renda da unidade familiar.

6. Impreso cuberto.


CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO.
Estar empadroado no municipio de Ourense.
Renda da unidade familiar.
Condición de familia numerosa.
Minusvalías.
Asistencia de irmáns a escola municipal para a que se solicita a preinscrición.
Os casos de empate resolveránse en función da data de presentación de solicitudes.
 

OS OBXETIVOS DESTA ESCOLA SON:
Ofrecerlles ós cidadáns a posibilidade de iniciar ou perfeccionar os seus coñecementos nuha das linguas que se ofertan nos distintos obradoiros así como nos cursos de inglés.
Potenciar a valoración da cultura propia a partir do coñecemento de outras culturas e o contraste entre elas. 
Apreciar o uso das linguas estranxeiras como medio para establecer relacións con persoas de procedencias distintas, tomando iniciativa para comunicar e amosando respecto cara á diversidade cultural e social.
Valorar positivamente o enriquecemento que outras culturas achegan á nosa e viceversa, apreciando as vantaxes que ofrecen os intercambios culturais.
 

ACTIVIDADES

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica