Contacto
Datas da preinscrición: Publicaranse as prazas dispoñibles a finais de maio. O prazo de preinscrición será do 4 ao 15 de xuño, nas oficinas da Concellería de Educación sita na Praza San Martiño nº2, 1º; en horario de mañá de 8 a 15:00h, tamén poden entregar a documentación en horario de tarde de 16:00 a 20:00h na Oficina de Atención ao Cidadán na Praza de Sta Eufemia nº6, baixo (esquina rúa Arcediagos).
Finalizado o prazo de preinscrición, faranse públicas as listas de admitidos o 1 de setembro na Concellería de Educación.
Formalización da matrícula do alumnado admitido do 10 ao 21 de setembro.
HORARIO E CONTACTO
HORARIOS:
Horario lectivo: 15:30h a 22:00h
Horario secretaría: 8:00h a 15:00h
CONTACTO:
Dirección: Concellería de Educación, Praza de San Martiño nº2 - 1º, 32005 Ourense.
Teléfono: 988 388 136.
Fax: 988 388 159
E-mail: escoladeartes@ourense.es
NORMAS DE MATRICULACIÓN ESCOLAS MUNICIPAIS: Música, teatro e idiomas.
Para ter dereito a unha praza nos cursos de duración coincidentes co ano escolar nas distintas escolas municipais, os interesados deberan acompañar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.
- Condición de familia numerosa, se é o caso, mediante a presentación de copia do título de familia numerosa.
- Acreditación de minusvalía superior ao 33% do alumno ou dalgún membro da unidade familiar, mediante a presentación de copia do certificado oficial acreditativo da minusvalía e grao, expedido pola Xunta de Galicia. No citado certificado deberá constar a data de inicio do recoñecemento da minusvalía e si esta é definitiva ou provisional coa data de finalización de efectos neste último caso.
- Copia do Documento Nacional de Identidade.
- Copia do Libro de Familia.
- Copia da Renda da unidade familiar.
- Impreso cuberto.
CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO.
- Estar empadroado no municipio de Ourense.
- Renda da unidade familiar.
- Condición de familia numerosa.
- Minusvalías.
- Asistencia de irmáns a escola municipal para a que se solicita a preinscrición.
Os casos de empate resolveránse en función da data de presentación de solicitudes.
ACTIVIDADES