Contacto
AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO.
A Concellería de Educación tenta fomentar a participación cidadá nos aspectos relacionados co medio ambiente urbano, a través da sensibilización, formación e educación para achegar a poboación en xeral o coñecemento da realidade ambiental, no noso contorno, é un aspecto imprescindible, preténdese ir creando unha maior conciencia ecolóxica capaz de colaborar cos necesarios esforzos que permanentemente hai que realizar para lograr cada día un maior equilibrio medio ambiental.
A Educación Ambiental concíbese como un proceso permanente en que os individuos e a colectividade cobran consciencia do seu medio e adquiren os coñecementos, os valores, as competencias, a experiencia e tamén a vontade, capaces de facelos actuar, individual e colectivamente, para resolver os problemas actuais e futuros do medio ambiente".
Esta definición oficial ben pode servir de punto de partida para explicar o que a Educación do Concello de Ourense pretende conseguir coa creación da Aula da Natureza, xa que expón con claridade cal é o obxectivo final da Educación Ambiental, que resumimos nunha soa idea: intervención da xente na resolución dos problemas ambientais.
ACTIVIDADES
- DATOS DE INTERES
- DIA DOS HUMEDAIS
- ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA
- DIA DO MEDIO AMBIENTE
- TODOS SOMOS AUGA. AULA VERDE . ONDA CERO OURENSE
- CALENDARIO ACTIVIADADES AULA DA NATUREZA
- PASEOS DE OUTONO / Fin de semana
- SEMANA DO RECICLAXE / Centro Educativos
- APREDENDE A FACER OS TEUS XOGUETES / Actividade de vacacións de Nadal.
- SEMANA DA MEL / Colexios
- CASTAÑO, A HISTORIA DE OURENSE / Centros educativos e distintos colectivos.
- XORNADAS DE PESCA SEN MORTE / Fin de semana
- ASTRONOMIA. COÑECE O CEO / Centro educativos
- COÑECE A AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO / Colexios.
- PASEO DE PRIMAVERA / Fin de semana/Celebración do día da árbore(21) e día da auga(22)
- PASEOS POLA RIVEIRA DO MIÑO / Fin de semana/Celebración do día da árbore(21) e día da auga(22)
- DÍA DA ÁRBORE: ACTIVIDADE EDUCATIVA E SIMBÓLICA. Creación dun Biotopo (acivreiras) no Macizo Central Ourensán
- SACRE/ Fin de semana
- A Asociación Herpetolóxica Española/ Fin de semana
- MAIOS. NATUREZA E CIDADE / Fin de semana/Centros educativos
- APRENDE COA NATUREZA / Actividade de vacacións de verán.