UNIVERSIDADE POPULAR

A Universidade Popular é un proxecto de desenvolvemento cultural no municipio, unha institución aberta a todos os cidadáns en relación coas necesidades e intereses dos mesmos, as opinións dos participantes, así como os métodos e formas de traballo máis axustados para garantir unha aprendizaxe activa e creativa. Diríxese a promover a participación social e a educación continua para mellorar a calidade de vida.

 

Os principios fundamentais sobre os que se asenta son os seguintes:

  • Desenvolvemento cultural
  • Educación e cultura para todos
  • Participación social
  • Educación continua
  • Calidade de vida

LISTADO CURSOS 2016/17 

 


DESTINATARIOS

Poboación adulta. Cidadanía  ourensá maior de 16 anos, sen facer ningún  tipo  de  discriminación,  prestando  especial  atención  a aqueles  sectores de poboación máis desfavorecidos socialmente, e que por razóns culturais, educativas ou económicas dispoñen de poucos medios para poder acceder con igualdade de oportunidades, á educación e á cultura.

 

METODOLOXÍA


  • Activa
  • Participativa
  • Socializadora
  • Flexible
  • Interrelacional
  • Lúdica


OBXECTIVOS
Motivar  ós  sectores  sociais  menos  activos,  estimulando  o coñecemento crítico da súa realidade e impulsando a iniciativa creadora.
Facilitar oportunidades ás persoas que o necesiten para poder participar e mellorar a súa calidade de vida.
Dinamizar   a   vida   cultural   do   municipio,   promovendo   a participación social, cultural, política e económica.
Potenciar a formación básica da poboación adulta.
Garantir  que  estas  persoas  poidan  adquirir,  actualizar  e completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional.
Promover actividades dirixidas a ocupar o tempo de lecer, dun modo     lúdico,     construtivo e     socializador,     ofrecendo oportunidades de relación con outras persoas e fomentando a convivencia e a tolerancia.
Proporcionar a formación para  o emprego e a adquisición de habilidades  transferibles  a  outras  profesións,  facilitando  a reconversión profesional.
Favorecer a adquisición de destrezas manuais e a recuperación da artesanía tradicional.


PRAZO DE SOLICITUDE


Do 3 ó 31 de outubro de 2016, con preferencia na orde de entrega da solicitude.

O formulario de preinscrición se activará o luns día 3 de outubro as 9:00h.

www.educacionourense.es

Teléfono: 988 388 151

 

 


 

 

ACTIVIDADES

Non existen actividades

© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica