Contacto
NINGUNHA NENA SEN PRACTICAR DEPORTE
Data inicio: 01/02/2012 Data fin: 29/02/2012
Non cabe dúbida de que o deporte é unha vía indispensable para a formación global e integral de todos e todas, pero fundamentalmente para os máis novos e novas, creándolles uns hábitos sans e saudables que os afasten das abundantes prácticas nocivas que existen na sociedade actual.
A Concellería de Educación en colaboración co Ponte Ourese C.F.S.A.D. pretendemos educar persoas autónomas, capaces de elexir libremente as súas metas, evalualas e executalas tendo en conta a educación en valores.
Por elo a través dunhas charlas informativas, tentamos que o alumnado de 6-15 anos reflexione xunto a algunhas das deportistas máis representativas da cidade, sobre a combinación dos estudios coa práctica deste deporte no ámbito feminino, pero contando coa axuda dos seus compañeiros de aula.
Obxectivos
-Utilizar o deporte base como un estímulo para a educación, a igualdade e a formación académica escolar.
-Ensinar os valores que unha boa deportista sempre debe posuir e intentar estimular aos máis xoves cara o deporte.
-Mostrar o deporte e as competencias académicas como unha mesma liña.
-Promover a integración escolar e social dos escolares.
-Aprender a convivir e respetarse dentro e fóra da aula, na práctica deportiva e na vida.
Dirixido a
Alumnos e alumnas de Educación Primaria e ESO.
Periodización
Durante o mes de febreiro, no centro escolar.
Duración da actividade: 50 minutos
Coordinadora: Carmen Casado Pérez (988388136 /



