Contacto
VIVEOURENSEVIVO/Centros Educativos
Data inicio: 01/06/2012 Data fin: 08/06/2012
Xornada cos centros escolares:
Nº de saídas: por cada área de apadriñamento realizarase unha saída de campo.
Destinatarias/os da saída de campo: considerando que cada área de apadriñamento
ten 1 ou 2 centros responsables como máximo, cada saída de campo farase con eses
centros correspondentes. Cada centro poderá ofertar a actividade a un máximo de 25
alumnos de bacharelato por centro, priorizando aos alumnos que cursen en materias
ambientais.
Cada unha das saídas contará cunha preparación específica dependendo da tipoloxía
de áreas naturais a “apadriñar”, a formación previa dos alumnos, aos obxectivos
marcados con anterioridade, e en definitiva dependendo de tódalas variables que
poidan condicionar cada unha das xornadas.
A xornada de mostraxe consistirá:
o Achegamento teórico a:
A Importancia da Biodiversidade e a súa Conservación
Biodiversidade Urbana (O caso de Ourense)
Programa da Biodiversidade en Ourense (Vive Ourense Vivo!)
Saída de campo:
Achegamento á súa área de apadriñamento.
Recoñecemento das partes do ecosistema.
Recoñecemento de especies.
Estado de conservación das árbores.
Uso de guías botánicas e faunísticas.
Introdución de novas especies avistadas na páxina do Vive Ourense
Vivo!
Durante esta xornada realizarase unha saída formativa cara a área apadriñada na que se
formará a profesorado e alumnos acerca das técnicas de mostraxe e toma de datos. O
obxectivo desta saída é que tanto profesores como alumnos adquiran coñecementos
suficientes como para replicar estas saídas pola súa conta.
CENTRO CURSO DIAS LUGAR
DIVINA PASTORA 19 2º ESO 07-06-2012 Sala de informatica do centro Divina Pastora
08-06-2012 Parque San Lazaro
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: Centros educativos
Grupos: Como máximo 5 grupos, non superiores a 25 persoas
Periodización: 1 ao 8 de xuño do 2012
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 90 minutos
Achegas da Concellería de Educación: Transporte aos centros educativos do Concello de Ourense
Colabora:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)





