DÍA DOS BOSQUES AUTOTONOS / Fin de semana

DÍA DOS BOSQUES AUTOTONOS / Fin de semana

Data inicio: 26/11/2011     Data fin: 26/11/2011

No campo da interpretación ambiental, presentamos unhas rutas interpretativas na natureza , a pé ou de bicicleta, coa finalidade dun maior coñecemento do medio a través da súa fauna, flora, paisaxes,etc., procurando ao tempo o divertimento dos participantes.

A actividade que presentamos é a denominada “Ruta ciclointerpretativa do río Miño”.

OBXETIVOS DA ACTIVIDADE

 Potenciar o uso da bicicleta como transporte alternativo e como medio de transporte nunha actividade de interpretación.
 Fomentar o respecto pola natureza a través do seu coñecemento (neste caso, aspectos ligados ao río Miño como a súa flora, fauna, etc.)
 Dedicar unha especial atención á rica variedade de aves presentes no contorno do río Miño e achegar o uso de instrumentos de observación como os prismáticos e os telescopios.

DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE

A actividade proposta consiste nun itinerario guiado en bicicleta utilizando os camiños que percorren as marxes do río Miño na cidade de Ourense. Ao longo do percorrido realizaranse varias paradas explicativas e interpretativas onde os participantes poderán utilizar prismáticos e telescopios que se proporcionarán para a observación da fauna, especialmente das aves.

Os puntos de partida e as opcións de percorrido poden ser varias:

    Saída desde Aula da natureza do río Miño ata Outariz pola marxe esquerda do río, seguiríase despois polo camiño a Untes ata o primeiro observatorio de aves -polo menos- e regreso cara á Ponte Romana pola marxe dereita do río.

A duración aproximada do percorrido sería de 3 a 4 horas, unha mañá ou unha tarde; e a época de realización, calquera é válida, aínda que a maior variedade de avifauna se dá no outono e inverno (desde finais do verán a principios de primavera).


PARTICIPANTES

A actividade vai dirixida tanto a escolares a partir de 13 anos (educación secundaria e bacharelato), como a adultos. Cun máximo de 16 participantes por grupo.

MATERIAL

Contamos cun parque de 16 bicicletas tipo treking dotadas con cestas, portavultos e alforxas. Tamén se lle proporcionará a cada participante un casco e mais uns prismáticos. Para todo o grupo contamos tamén con 2 telescopios para a observación de aves.

Organiza:Concelleria de Educación 

Colabora: Conselleria deMedio Ambiente 

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: A persoas de todas as idades

Grupos: non superior a 15 persoas

Periodización: 26 de novembro de 2011

Horario: de 9:450 a 13:45

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Teléfono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade

{Próximas actividades}

ACTIVIDADE FÍSICA E EDUCACIÓN

21/05/2012

  (+)

ENTRE FONTES (4º EP)

21/05/2012

  (+)

TERMALISMO/Centros Educativos.

23/05/2012

  (+)

CONFERENCIAS: A DIVERSIDADE NA

23/05/2012

  (+)

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (

23/05/2012

  (+)
© 2010 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica