ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA

ACTIVIDADES DE SEMANA SANTA

Data inicio: 02/04/2012     Data fin: 04/04/2012

Actividades das vacacións de Semana Santa 2012  na Aula da Natureza do río Miño

É importante concienciar os nenos da importancia da conservación do medio ambiente e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del.

Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades que se levan a cabo no da Semana Santa na Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira.

Estas actividades van dende a flora e fauna propia da nosa provincia ata actividades de reciclaxe, pasando pola importancia da pesca, da astronomía, da orientación, do cambio climático, da xardinería... e moitas actividades máis que se mencionan no programa de actividades que detallamos máis adiante.

OS OBXECTIVOS que se pretenden son os seguintes:

1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.

2-Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.

3-Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.

4-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.

5-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.

6-Fomentar diversos xogos populares.

7-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.

8-Concienciar do cambio climático.

9-Conciliar a vida familiar e a vida laboral.

10-Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.

OBSERVACIÓNS

Todas as actividades poderán ser modificadas por causa externas e alleas á organización.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.

Dirixido: Nenos/as de 6 a 13 anos.

Grupos: No superior a 20 nenos/as.

Periodización: 2, 3, 4 de abril


Horario: de 10:00 a 13:00 de luns a mercores.

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño.

Teléfono: 988510781 / 988388136.

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

  ficha

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade

{Próximas actividades}

ACTIVIDADE FÍSICA E EDUCACIÓN

21/05/2012

  (+)

ENTRE FONTES (4º EP)

21/05/2012

  (+)

TERMALISMO/Centros Educativos.

23/05/2012

  (+)

CONFERENCIAS: A DIVERSIDADE NA

23/05/2012

  (+)

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (

23/05/2012

  (+)
© 2010 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica