Contacto
DIA DOS HUMEDAIS / FIN DE SEMANA.
Data inicio: 05/02/2012 Data fin: 05/02/2012
DÍA DOS HUMEDAIS
DÍA 5 de febreiro do 2012
Co gallo da conmemoración do 41 aniversario do Convenio Ramsar, dende a Aula da Natureza do río Miño da Concelleria de Educación coa colaboración de a Concellería de Medio ambiente, Amigos da terra e o naturalista Alberto Rivero Saeta querémosvos convidar á realizar unha saída polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense.
PERCORRIDO polo humedais máis importante da cidade de Ourense. Partiremos dende a Aula da natureza do río Miño e finalizaremos a nosa ruta no Barbaña á altura das hortas urbanas, pasando polos ríos Miño, Loña e Barbaña. Faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación da vexetación e da fauna de ribeira no contexto local.
Levar ropa de abrigo,calzado adecuado, auga, un paraguas.....
Máis información Aula da natureza do río Miño
Lugar: Saida da Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A todas a idades
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización: Domingo 5 de febreiro de 2012
Horario: de 16:00 a 19:00
Duración: 3 horas.
Coorganiza: Amigos da terra, Concelleria de Medio ambiente, o Naturalista Alberto Rivero Saeta.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)





