Contacto
SEMANA DO RECICLAXE / Centros Educativos
Data inicio: 01/12/2011 Data fin: 16/12/2011
Abordará os temas de reciclaxe amarelo, azul, verde, compost e os puntos limpos
Dividirase en dúas sesións, unha teórica e outra práctica.
A- teórico
A cargo da empresa medioambiental BILURICO
Tempo aproximado: 60 min.
Obxectivos:
- Sensibilizar a todos os nenos e nenas dos problemas ambientais.
- Fortalecer o seu compromiso ante eles, a partir do uso racional do papel e a súa adecuada xestión (clasificación e reciclaxe) .
- Acordar pautas adecuadas de clasificación, descarte e provisión do papel de desfeito, para reciclar.
Contido:
1. Presentación de vídeo.
2. Funcionamento dos proxectos.
3.Información medioambiental (a grandes trazos) en torno á reciclaxe de residuos especialmente do papel (datos xerais e estadísticos, como funciona a reciclaxe, responsabilidades, etc.)
4. Uso, clasificación e descarte de papel. “Cultura das ERRES”; en que medida cada un poderá aplicala. Estratexias para reducir o consumo de papel, reutilizalo e en última instancia, clasificalo adecuadamente para reciclar.
5. Pautas para a clasificación doutros residuos.
B- Obradoiro
A cargo de: Dolores Castro
Tempo aproximado: 90 minutos
Obxectivos:
- Xerar experiencias creativas que motiven o desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
- Comprender as etapas do proceso de reciclaxe de papel.
Contido:
1. Ciclo de vida do papel. Proxección de vídeo sobre reciclaxe do papel a nivel industrial.
2. Reciclaxe artesanal do papel.
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: 5 Centros educativos. A charla adaptarase aos distintos niveis educativos.
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización: 1 a 15 de decembro do 2011
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 90 min.
Achegas da Concellería de Educación: Transporte para os centros educativos do concello de Ourense.
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
CENTROS EDUCATIVOS QUE PARTICIPARAN EN ESTA ACTIVIDADE.
Data | Saida do Centro e da Aula | Centros | Núm. de nenos |
| 29/11/11 | 10:00 e as 12:30 | Prácticas | 30 3ºEP |
| 30//11/11 | 10:00 e as 12:30 | Concepción Arenal | 25 4 EP |
| 01/12/11 | 10:00 e as 12:30 | Prácticas | 25 3º EP |
| 02/12/11 | 10:00 e as 12:30 | Prácticas | 25 3º EP |
| 12/12/11 | 10:00 e as 12:30 | (CPI. JOSE G. GARCÍA) | 14 4 EP |
| 13/12/11 | 10:00 e as 12:30 | Concepción Arenal | 20 2º ESO |
| 14/12/11 | 10:00 e as 12:30 | Concepción Arenal | 20 2º ESO |
| 15/12/11 | 10:00 e as 12:30 | O Pino | 20 |
| 8 días | 20 horas de educación ambiental | 4 Centros e 8 grupos | 184 |
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)






