COÑECE A AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO / Centros Educativos..

COÑECE A AULA DA NATUREZA DO RIO MIÑO / Centros Educativos..

Data inicio: 01/03/2012     Data fin: 30/03/2012

 PRESENTACIÓN DA AULA

Esta é a Aula da Natureza do río Miño no seu curso medio ao seu paso pola cidade de Ourense

O río Miño é o río máis grande de Galicia, é moi caudaloso e baña unha grande superficie do territorio galego. (Sáibase que nace na serra de Meira, no Pedregal de Irimia. O tramo de percorrido pola Terra Chá ata Lugo foi declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera, en Ourense acomodase a unha depresión).

É importante concienciar á xente da importancia da conservación do medio e da directa implicación deste na nosa vida e saúde como parte integrante que somos del. O concepto básico empregado na procura deste obxectivo é o Desenvolvemento Sostible, presente en todas as actividades. Coñecer, gozar e defender o noso ambiente máis próximo son as liñas xerais que traballamos a través das distintas actividades realizadas.

A Aula da Natureza, situada no paseo fluvial de Oira, ofrece visitas guiadas onde, mediante paneis e diverso material informativo como maquetas e expositores, a xente que veña por aquí familiarízase co río Miño e co bosque de ribeira: aspectos naturais, patrimoniais, culturais e históricos relacionados co río ao seu paso pola nosa cidade. A estas actividades poden asistir persoas de todas as idades tendo en conta que as explicacións se adaptarán aos diferentes niveis educativos dos participantes.

Nas actividades cos escolares, o alumnas/o dividido en grupos realiza  xogos (dentro e fóra) e itinerarios ambientais, dependendo das necesidades e/ou desexos dos participantes, así como das condicións meteorolóxicas.


Obxectivos:

1-Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos culturais e históricos relacionados co medio, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiás.

2-Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.

3-Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico e da conservación do patrimonio natural e cultural.

4-Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.

5-Tomar conciencia do valor do noso e a importancia da súa conservación a favor do desenvolvemento sostible.

6-Descubrir a influencia do medio na saúde, entendida no seu concepto máis moderno e amplo como ”Estado de benestar físico, psíquico e social” segundo a OMS.

Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: Centros educativos

Grupos:  10 grupos, non superior a 25 persoas

Temporalización: Mes de marzo do 2012. A visita poderiase facer en outra epoca do ano, se aula non se apota ocupada

Horario: de 10:00 a 13:00

Duración: 100 MINUTOS

Achegas da Concelleria de Educacion: Transporte a centros educativos do Concello de Ourense. 

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Telefono: 988510781 / 988388136

Correo electronico: aulanatureza@ourense.es


Centros que visitarán a aula

Data

Saida do Centro e da Aula

Centros

Núm. de nenos

13/03/12

10:00 e as 12:00

CURROS ENRÍQUEZ

29

5º e 6ºEP

 

10:00 e as 12:00

 CONCEPCIÓN ARENAL

29

1 EP

14/03/12

10:00 e as 12:00

 CONCEPCIÓN ARENAL

37

2º EP

15/03/12

10:00 e as 12:00

 PADRE FEIJOO

25

 5ºEP

26/03/12

10:00 e as 12:00

CONCEPCIÓN ARENAL

32

3º EP

28/03/12

10:00 e as 12:00

 CURROS ENRÍQUEZ

24

 1º EP

29/03/12

10:00 e as 12:00

CURROS ENRÍQUEZ

25

 2º EP

7 días

14 horas de educación  ambiental

3 Centros e 7 grupos

230 alumnos


Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...) 
 
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade

{Próximas actividades}

ACTIVIDADE FÍSICA E EDUCACIÓN

21/05/2012

  (+)

ENTRE FONTES (4º EP)

21/05/2012

  (+)

TERMALISMO/Centros Educativos.

23/05/2012

  (+)

CONFERENCIAS: A DIVERSIDADE NA

23/05/2012

  (+)

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (

23/05/2012

  (+)
© 2010 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica