Contacto
SEMANA DA MEL / Centros Educativos.
Data inicio: 16/01/2012 Data fin: 24/01/2012
Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde nos explicarán a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición.
Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.
Obxectivo:
- Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.
- Estudar na colmea a recoñecer as abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.
- Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.
- Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.
Contenido:
1.º Parte: · Introdución á apicultura.
2.º Parte: · Transformación de produtos e subprodutos do mel
3.º Parte . Obradoiro. Crear a propia vela
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: 5 Centros como máximo. A todas a idades educativas
Grupos: Non superior a 25 persoas
Periodización: 16 a 24 xaneiro do 2012
Horario: de 10:00 a 13:00
Duración: 100 min.
Achegas da Concellería de Educación: Transporte
Colabora:
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781 / 988388136
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es
Centros que participan nesta actividade
| Data | Saida do Centro e da Aula | Centros | Núm. de nenos |
| 16/01/12 | 10:00 e as 12:00 | (ALBINO NÚÑEZ) | 19 1ºPRIMARIA |
| 17//01/12 | 10:00 e as 12:00 | (UNIVER. LABORAL) | 28 1º BACH |
| 18/01/12 | 10:00 e as 12:00 | (A PURÍSIMA) | 24 2 ESO |
| 19/01/12 | 10:00 e as 12:00 | (MANUEL SUEIRO) | 22 5º e 6º E.P |
| 20/01/12 | 10:00 e as 12:00 | (CEE MIÑO) | 9 Educación Especial |
| 23/01/12 | 10:00 e as 12:00 | (CARDENAL CISNEROS) | 18 4º Primaria |
| 24/01/12 | 10:00 e as 12:00 | (GUILLELME BROWN) | 18 3º EP |
| | |
|
|
| 7 días | 14 horas de educación ambiental | 7 Centros e 7grupos | 129 alumnos |
Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)





