Ornitoloxía(coñece as aves) / Centros Escolares

Ornitoloxía(coñece as aves) / Centros Escolares

Data inicio: 01/05/2012     Data fin: 14/05/2012

Programa das Nacions Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA) celebra o segundo fin de semana do mes de maio  o Día Mundial das Aves Migratorias.

O Día Mundial das Aves Migratorias é unha campaña de sensibilización anual e mundial, dirixida a promovela conservación das aves migratorias e os seús hábitats en todo o mundo. Está organizada polo Acuerdo para la Conservación das Aves Acuáticas Migratorias de África e Eurasia (AEWA) e a Convención sobre Especies Migratorias (CMS) - dos tratados ambientais internacionales con sede en Bonn e administrados polo Programa das Naciones Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

· DESCRICIÓN DA ACTIVIDADE
Esta actividade ten como obxectivo o achegamento ao mundo das aves, a través da
súa observación directa e a elaboración de comederos e caixas niño.


A actividade divídese en 2 partes:

· Parte teórica: explicación sobre diferentes tipos de caixas niño, comederos,
identificaciónde aves, etc
· Parte práctica: realización dun comedero, colocación dos comederos e
dunha caixa niño. Realizarase tamén observación de aves con prismáticos e
telescopio. Anelamento de aves

OBXECTIVOS
O presente curso vai destinado a un público que presenta nocións básicas en ornitoloxía,
por esta razón impártese con posterioridade ao Curso de Iniciación. Durante o curso preténdese que os asistentes comecen a identificar especies de aves sen chegar a observalas de xeito ideal.
Para iso comezarán a identificar aspectos importantes como son os cantos, a silueta en voo, así como outros aspectos comportamentales.

Ademais das prácticas de campo, o curso contará con clases teóricas cun marcado enfoque aplicado. Por exemplo, ensinarase aos asistentes unha variedade de métodos de mostraxe/censo de aves que permitirán aos asistentes tanto sacar un maior proveito dos datos que eles mesmos tomen no campo, así como ofreceráselles información sobre censos e proxectos coordinados, a nivel rexional ou estatal, nos que poderán colaborar no futuro. Tamén se capturarán e anillarán aves mediante técnicas de trampeo non lesivo co que os participantes poderán identificar as aves en man.

Para contextualizar o anterior, mostraráselles os resultados de estudos levados a cabo polos responsables do curso nos que se precisou da identificación e seguimento de aves para alcanzar os obxectivos dos proxectos.

CENTROS QUE ASISTIRAN A ACTIVIDADE
DATA  HORACENTRO NUMERO    
 2/5/2012 10:00 A 12:30 FRANCISCANA 22/4 ESO  
 7/5/2012 10:00 A 12:30 CONCEPCION ARENAL 37 /1 EP  
 8/5/2012 10:00 A 12:30 FRANCISCANA 19/4 ESO  
 10/5/2012 10:00 A 12:30 CONCEPCION ARENAL 32/2 EP  
 11/5/2012 10.00 A 12:30 UNIVERSIDAD LABORAL 18 4 ESO  
      


Lugar:
Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n

Dirixido: A todo tipo de persoas

Grupos:  5 grupos, non superior a 25 persoas

Temporalización: 1 ao 14 de maio de 2012 

Horario:  10:00 a 13:00

Duración: 100 MINUTOS

Achegas da Concelleria de Educacion: 

Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño

Telefono: 988510781 / 988388136

Correo electronico: aulanatureza@ourense.es

Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...) 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade

{Próximas actividades}

ACTIVIDADE FÍSICA E EDUCACIÓN

21/05/2012

  (+)

ENTRE FONTES (4º EP)

21/05/2012

  (+)

TERMALISMO/Centros Educativos.

23/05/2012

  (+)

CONFERENCIAS: A DIVERSIDADE NA

23/05/2012

  (+)

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (

23/05/2012

  (+)
© 2010 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica