XIMNASIA: UN DEPORTE PARA TODOS E TODAS

XIMNASIA: UN DEPORTE PARA TODOS E TODAS

Data inicio: 03/10/2011     Data fin: 20/06/2011

A XIMNASIA: UN DEPORTE PARA TODOS E TODAS


A ximnasia é un deporte minoritario onde as súas modalidades son descoñecidas. Sen embargo é un deporte con longa tradición en Ourense de onde saíron deportistas, homes e mulleres que acadaron lugares relevantes no panorama internacional.


- A ximnasia actual regulada pola FIG componse de seis disciplinas:
- Ximnasia rítmica
- Ximnasia artística ou deportiva
- Ximnasia de trampolín
- Ximnasia acrobática
- Aerobic
- Ximnasia xeral


Na actualidade hai tres clubes en Ourense que acollen a nenos e nenas que desexan practicar este deporte, sen embargo ano tras ano a falta de dispoñibilidade de instalacións provocan que moitos nenos e nenas queden en lista de espera, sen posibilidade de participación.
Por este motivo pensamos que desenvolver a actividade nos centros escolares posibilitaría que un maior número de ximnastas puidese acceder a práctica do deporte.


Obxectivos:
· Dar a coñecer o deporte da ximnasia nas súas respectivas modalidades.
· Ofrecer ós nenos/as entre seis e once doce anos unha posibilidade máis de ocupar o seu tempo de lecer.
· Captación de nenos e nenas para a práctica deste deporte.


Temporalización:
1º fase: no mes de outubro (inscripcións)
2º fase: 2º trimestre do curso escolar (fase teórica)
3º fase: 3º trimestre do curso escolar (fase práctica)


Destinatarios:
· Alumnos/as de Educación Primaria, preferentemente alumnos de 2º e 4º de Educación Primaria.
Número máximo de alumnos por centro:
-2º fase: 100 alumnos/as
-3º fase: 5O alumnos/as


Desenvolvemento:

1º FASE: Matriculación no mes de Outubro.


2º FASE:Duración da actividade nesta fase: 1h.
Lugar de celebración: no propio centro que solicite a actividade, na aula que se considere adecuada para dispoñer de material preciso (ordenador con proxector) e teña as dimensións adecuadas ó número de alumnos/as asistente á actividade.
Datas: Unha vez cheguen as solicitudes á Concellería de Educación organizaranse as datas coa persoa responsable de cada centro.
Contido desta fase:
1. Explicación do que é este deporte a nivel xeral, as súas   modalidades, os aparatos e instalacións precisas, etc... Todo isto apoiado na presentación a través das novas tecnoloxías.
2. Presentación das actividades do Club Ximnasia Escola Pavillón e Club Ximnasia Pavillón, con vídeos de adestramentos e competicións.
3. Exposición de experiencias persoais de adestradores/as, ximnastas en activo.


3º FASE:Duración da actividade: 2h
Lugar de celebración: Instalacións do Pavillón dos Remedios
Datas: Terá lugar no terceiro trimestre e as datas poranse co profesor responsable da actividade.
Contido desta fase:
1. Práctica deste deporte: obradoiros de ximnasia, distribuíndo ós alumnos/as por grupos, que rotarán, para traballar cada unha das modalidades e aparatos, atendidos polos monitores/as deportivos.
2. Breve exhibición de ximnasia a cargo de ximnastas do Club Ximnasia Pavillón.

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade

{Próximas actividades}

ACTIVIDADE FÍSICA E EDUCACIÓN

21/05/2012

  (+)

ENTRE FONTES (4º EP)

21/05/2012

  (+)

TERMALISMO/Centros Educativos.

23/05/2012

  (+)

CONFERENCIAS: A DIVERSIDADE NA

23/05/2012

  (+)

A CIDADE MEDIEVAL DE OURENSE (

23/05/2012

  (+)
© 2010 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica