ALDEA-ESCOLA DE LODOSELO

Data inicio: 04/10/2010     Data fin: 20/06/2011

Descrición
O Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” ante o descoñecemento da realidade rural e natural,
a perda de identidade cultural, a reestruturación e o cambio nos modelos de produción
que está a provocar o esquecemento do acervo cultural nas nosas aldeas... ofrece unha contribución
de coñecemento vital da realidade rural: coñecer e compartir unha cultura da man dos/
as veciños/as da aldea que nos fan partícipes do seu vivir.
Ademais este programa contribúe a cofinanciar outros que reverten directamente na xente
maior do contorno: servizo de axuda e apoio, comedor social, lavandería, vivenda comunitaria
tutelada...
Na visita guiada a dita escola, realízanse diversos obradoiros didácticos como enfornado de
pan, reciclaxe de papel, fiadeiros, aulas de natureza...


Obxectivos
• Realizar actividades formativas ao tempo que coñecemos e experimentamos a realidade
rural, natural, modo de vida da aldea...
• Propiciar aos grupos participantes o contacto coa natureza, o seu coñecemento e o
respecto, participando en obradoiros e actividades de grupo.


Dirixido a
Alumnos/as de EI.


Periodización
De outubro a xuño (deberán resaltar na ficha de inscrición a data preferente).


Achegas da concellería
Subvención para o transporte.


Observacións
• Na aldea escola Lodoselo cobrarán por neno 6€.
• Cada alumno/a terá que achegar 3€ por cada saída fóra de Ourense no 2011 (no
2012 incrementarase o que marque a lei) .

Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988388136 / educa.programas2@ourense.es)

 

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica