PARQUE INFANTIL DE TRÁFICO (2º-3ºCICLO EP)

Data inicio: 03/11/2011     Data fin: 21/06/2012

Descrición

O Parque Infantil de Tráfico (PIT "as Burgas" de Ourense) ten como finalidade proporcionar formación viaria, xa que como fenómeno social o tráfico é unha realidade de gran importancia polas tráxicas repercusións tralos diversos e múltiples accidentes  coma peóns, condutores ou viaxeiros que se producen diariamente.
No tráfico viario cada un dos suxeitos é actor e polo tanto precisa unha información e formación adecuada a cada situación e momento histórico da súa vida.

A programación que propoñemos, está baseada en fundamentos didácticos e pedagóxicos co propósito de que o resultado sexa o máis frutífero posible, na liña do coñecemento, valoración, aplicación e respecto das regras de circulación viaria, e neste caso para o alumnado a quen van dirixidas as actividades. Pretendemos motivar e concienciar sobre a importancia da Seguridade Viaria.

Situación: no recinto feiral de Expourense onde se conta coas instalacións necesarias para que un mínimo de 25 alumnos poidan asistir as distintas actividades que se organizan:


Aula de Educación viaria: clase teórica.
De contidos e metodoloxía acordes co programa, seguindo as recomendacións para tal efecto realizadas pola DGT e os programados dende esta concellería. As sesión teóricas impartíranse con soporte escrito (test editados pola DGT) e audiovisual (ordenador , DVDs...) proxeccións educativas de contido viario co seu posterior comentario de valoración nas propias aulas dos centros de ensino nalgunhas ocasións e de reforzo na aula.

Circuito para prácticas con bicicleta, bicicletas adaptadas para nenos con mobilidade reducida,Karts eléctricos e ciclomotores. Percorrido polos distintos itinerarios do circuíto.
Primeiramente realízase un recoñecemento a pé polo circuíto acompañados polos monitores para poder facilitarlles os nenos/as o aprendizaxe das normas e sinais básicas que serán necesarias para poder conducir os distintos vehículos.
Práctica de condución.Os nenos/as conducen en karts e  bicicletas polo circuíto tratando de aplicar, esta vez coma condutores, todo o aprendido nas expricacións previas.

Obxectivos

• Coñecer as normas e adquirir hábitos axeitados para a circulación peonil tanto na cidade coma na estrada.
• Valorar a importancia e a necesidade de respecto das normas e sinais de tráfico e coñecer o seu significado e bo uso.
• Adquirir condutas seguras e hábitos correctos fronte ás diversas situacións de tráfico:peón autónomo, usuario do transporte público e privado e condutor de bicicleta ou ciclomotor poñéndoas en práctica como hábitos dos diferentes contornos: urbano e rural.
• Desenvolver actitudes de tolerancia e solidariedade no tráfico viario.

Dirixido a

• Alumnado do Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria (Kart e bicicleta) de centros públicos e privado-concertados da cidade e da provincia.
• Alumnado da ESO de centros da cidade, con 15 anos cumpridos (Iniciación á condución do ciclomotor e obtención do permiso de condución AM)

Intervención co alumnado da ESO, ESPO naqueles programas, campañas, documentais...de Educación Viaria, con diferentes institucións que nos soliciten a nosa colaboración : DGT -Xefatura Provincial de Tráfico, RACE, RACC,MAPFRE...

Temporalización:

Ao longo do curso, en horario escolar.


Achegas da concellería de Educación e Tráfico
Persoal especializado (policía local e monitora do parque infantil de Tráfico).

Observacións

Transporte gratuito ata Expourense. O transporte para os centros públicos da provincia serán subvencionados pola Delegación Provincial de Educación, asi como tamén para aqueles centros da cidade que dispoñen diariamente de Transporte Escolar.

Colaboran
•Policía Local
•Deputación Provincial de Ourense
•DGT (Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense)
•Delegación Provincial de Educación.
•Expourense

 


  AUTORIZACIÓN

  FICHA DE AVALIACIÓN

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica