RUTA DAS ÁRBORES DO CAMPUS UNIVERSITARIO DE OURENSE/ 1º e 2º da E.S.O. e Bach.

Data inicio: 02/11/2011     Data fin: 31/05/2012

DESCRICIÓN:

A oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo constitúe o órgano responsable da política ambiental da universidade. É un dos seus obxectivos  fundamnéntase a realización deste proxecto: o fomento de educación, sensibilización e investigación ambiental.

O Campus Universitario das Lagoas está situado no barrio de igual nome, dentro do núcleo urbano da cidade de Ourense. Nel medran moitas árbores de diferentes especies procedentes das distintas partes do planeta, algunhas delas senlleiras pola súa porte e idade,así como seis cedros centenarios que deberon ser sementados cando se construíu o xardín do hospital provincial a comezos do século vinte. Por iso creouse esta ruta, co obxectivo de achegar as árbores, como parte da natureza que nos rodea, aos estudantes da universidade e tamén aos visitantes das instalacións. Esta labor de divulgación ecolóxica e sensibilización social permite coñecer as diferentes especies de árbores que doutra forma normalmente pasan desapercibidas, a coñecer e respectar, sendo un xeito de educación ambiental. 

A "Ruta das Árbores" é unha ruta circular que comeza e remata nunha das portas do Campus das lagoas, que ven sendo unha das súas entradas principais. Trátase dun atril co mapa do recorrido e de cada un dos exemplares dos diferentes tipos de árbores polos que se pasa. No atril se recollen os nomes da especie (científico, galego, castelán), orixe xeográfico, detalles da súa bioloxía, usos, etc.

OBXECTIVOS:

  • Fomento da educación e sensibilización ambiental. Esta divulgación ecolóxica e sensibilización social permite coñecer as diferentes especies de árbores que doutra forma normalmente pasan desapercibidas. 
  • Favorecer o coñecemento e respecto porque coñecer é respectar, sendo un xeito de Educación ambiental.

 TEMPORALIZACIÓN:

  • Unha hora e media

DIRIXIDO A:

  • Alumnado de 1º e 2º ciclo da E.S.O. e Bacharelato./ Salida: 9:30h

ACHEGAS DA CONCELLERÍA:

  • Autobuses para os centros máis afastados

ACHEGAS DA OMA:

  • Técnico relator
  • Material didáctico.

TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES:

  • Coordinadora: Stella Estrada Mosquera
  • Teléfono: 988388136/ Fax: 988388159
  • Correo: educa.programas4@ourense.es
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica