LIBRI TERRAE (1º-2º EP)

Data inicio: 28/10/2019     Data fin: 13/12/2019

LIBRI TERRAE- NOVIDADE

Descrición

Libri Terrae é un proxecto para animar á lectura dun xeito orixinal e diferente da man de catorce personaxes creados coa forma de distintos libros e que farán máis divertido e atractivo estes obradoiros e actividades.

Os nenos e nenas non son meros espectadores, senón que teñen unha participación activa nos obradoiros.


Obxectivos 

  • Animar á lectura e á dramatización con contos axeitados á idade dos nenos e nenas.
  • Crear unha comunicación afectiva e directa na que os alumnos e alumnas participen activamente.
  • Manter unha boa actitude de escoita.
  • Favorecer a expresión oral en lingua galega.
  • Conseguir espertar nos nenos/as o respecto cara os libros e resaltar a importancia deles coma base do noso saber e do desenvolvemento da imaxinación e da creatividade.

Destinatarios/as

Alumnos e alumnas de 1º e 2º de Educación Primaria.


Periodización
Primeiro trimestre.


Achegas da Concellería

ACTIVIDADE TOTALMENTE GRATUITA. 

Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145 / educa.programas2@ourense.es)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica