Días dos Humedais/ fin de seman

Data inicio: 08/02/2020     Data fin: 08/02/2020

DÍA DOS HUMEDAIS

Co gallo da conmemoración do 49 aniversario do Convenio Ramsar, dende a Aula da Natureza do río Miño da Concelleria de Educación  querémosvos convidar á realizar unha saída  polas ribeiras dos ríos da cidade ao seu paso polo concello de Ourense.

PERCORRIDO polo humedais máis importante da cidade de Ourense. Partiremos dende a Aula da natureza do río Miño e  finalizaremos a nosa ruta no Barbaña á altura das hortas urbanas, pasando polos ríos Miño, Loña e  Barbaña. Faremos fincapé nos diferentes estadíos de conservación da vexetación e da fauna de ribeira no contexto local.

Levar ropa de abrigo,calzado adecuado, auga, un paraguas.....
Máis información Aula da natureza do río Miño



Lugar:  Saida da Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Dirixido: A todas a idades
Grupos: non superior a 25 persoas
Periodización: Sabado 8 de febreiro de 2020
Horario: de 16:00 a  19:00
Duración: 3 horas.
Teléfono: 988510781 
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es 

 

Nota: Permitirase ós medios de comunicación o acceso ás actividades organizadas por esta Concellería para a súa posterior difusión (prensa, programación das actividades, calendarios, carteis, dípticos,etc...)

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica