Actividades de Verán.

Data inicio: 01/07/2020     Data fin: 09/09/2020

ACTIVIDADES DE VERÁN

Descrición
A Concellería de Educación coñecedora da problemática que se lle presenta aos pais/nais coa chegada das vacacións, quere dar unha resposta, e un ano máis estamos organizando as actividades de verán para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar e a formación lúdico-deportiva dos nenos e nenas do noso Concello.
Na Aula de Natureza realizaránse actividades Medio Ambientais como:
  • Recuperación e liberación das aves
  • Obradoiros sobre o mundo da fauna nos ríos
  • Traballos na horta
  • Axentes forestais (incendios, denuncias, etc)
  • Obradoiros de reciclaxe
  • Recuperación de xogos populares
  • Saídas didácticas, etc

Obxectivos
  • Coñecer, gozar e defender o noso contorno natural: flora, fauna e aspectos de xardinería, estendendo as posibilidades de uso ás actividades cotiáns.
  • Aprender a utilizar e dar unha segunda vida a materiais que son reutilizables.
  • Concienciar da necesidade de realizar reciclaxe.
  • Gozar do contorno e comprender a oferta lúdica que representa, ademais de fomentar o respecto mutuo e a convivencia no desenvolvemento das actividades.
  • Posibilitar un comportamento cotián acorde coa postura de defensa e recuperación do equilibrio ecolóxico.
  • Fomentar diversos xogos populares.
  • Coñecer a importancia da auga para a vida, a saúde e o desenvolvemento.
  • Concienciar do cambio climático.
  • Conciliar a vida familiar e a vida laboral.Fomentar actitudes de compañeirismo entre os nenos e nenas que acoden á aula.

Luga de realización Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n.
Destinatarios/as Nenos e nenas de 6 a 12 anos.
 Periodización. Do  1 ao 31 de xullo , do 1 ao 31 de agosto e do 1 ao 9 de setembro do  2020
Horario: de 10:00 a 13:00 o de 17:00 a 19:00 de luns a venres.AGAS E VENRES PECHA A TARDE
Nº de prazas 40
Colaboradores

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica