Xornadas Herpetolóxicas Ourensás: Ourense capital herpetolóxica de Galicia.

Data inicio: 04/04/2020     Data fin: 30/05/2020

Ourense é a capital de provincia galega con maior número de especies de anfibios e réptiles, este feito, pouco coñecido polos seus habitantes, fan necesario un esforzo por parte de todos para a conservación e a divulgación desta riqueza. 
Con tal fin, o Concello de Ourense, a través da Aula da Natureza do río Miño, convídavos a participar en catro xornadas de achega ás poboacións de anfibios e réptiles do concello de Ourense. 
Estas xornadas buscan sensibiliza-la poboación ourensá na conservación dos hérpetos (anfibios e réptiles) que moitas veces causan repulsión e medo, totalmente inxustificado. asemade pescudamo-la promoción desta riqueza faunística entre aquelas persoas interesadas no mundo dos anfibios e réptiles habitantes doutros puntos do país. 
Como xa mecionamos as xornadas serán catro, unha cada duas semanas, entre os meses de abril e maio de 2020, con temática variada e unha duración aproximada de catro horas, se queredes podedes asistir a todas, ou somentes a aqulas na que estexades interesados. 

Xornada 1:
Sábado  de abril de 2020 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da natureza do río Miño (Oira).
Saída práctica: 

Xornada 2:
Sábado  de maio de 2020 de 10 a 14 horas.
Punto de Encontro: Aula da Natureza do río Miño (Oira).
Saída: 

Xornada 3:
Sábado  de maio de 2020 de 10 a 14 horas.
Punto de encontro: Aula da Natureza do río Miño
Saída: , 

 

A actividade é de balde. As xornadas están dirixidas a todo tipo de público, infantil ou adulto, expertos ou totalmente profanos nesta temática.

Organiza: Concelleria de Educación 
Lugar: Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Dirixido: A persoas de todas as idades
Grupos: non superior a 15 persoas
Periodización:  Abril e maio
Horario: 10:00 a 13:00
Contacto: Luis Herminio Amigo Estrada, Coordinador da Aula da Natureza do río Miño
Teléfono: 988510781

Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es

 

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/

 


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica