APICULTURA (CENTROS EDUCATIVOS)

Data inicio: 15/10/2019     Data fin: 05/12/2019

Charlas levadas por un apicultor profesional, traballos e actividades en grupo, onde se explicará a importancia das abellas no mundo e as consecuencias da súa posible desaparición. Apicultura Tradicional. Apis (abella) e Cultura (cultivo). A apicultura tradicional trata das relacións do home coas abellas e de como conseguiron obter os froitos do seu traballo: o mel e a cera.
 
Obxectivo
  • Traballar e aprender o marabilloso mundo das abellas.
  • Estudar na colmea a recoñecer ás abellas, como se reproducen e que actividades realizan, como se desenvolve unha comunidade onde se traballa sen descanso, cuxo único obxectivo é traballar en conxunto pola perpetuidade da especie.
  • Coñecer os produtos cos que nos obsequian as abellas e tamén, por que non, poder obter o teu propio mel.
  • Coñecer as propiedades do mel, tanto nutricionais como terapéuticas: facilita a dixestión, laxante suave, propiedades sedantes.

Contidos
  • Introdución á apicultura.
  • Transformación de produtos e subprodutos do mel.
  • Obradoiro. Crear a propia vela

ACTIVIDADE CON AUTOBUS

Destinatarios/as:  a actividade adaptarase aos distintos niveis educativos
Grupos: 4 GRUPOS de 25 rapaces
Lugar:  Aula da Natureza do río Miño. Paseo fluvial de Oira s/n
Periodización:  NOV. E DECEMBRO
Horario: de 09:30 a 13:30 h
Duración: 100 min.
Cordinador: Luis Herminio Amigo Estrada
Tfno: 988510781 
Correo electrónica: aulanatureza@ourense.es
http://vimeo.com/49964757

https://www.instagram.com/aula_da_natureza_do_rio_mino/
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad
deseño e programación: ACV Galaica