AQUALOXÍA

Data inicio: 09/01/2019     Data fin: 14/06/2019

AQUALOXÍA(ACTIVIDADE REALIZARSE NO PROPIO CENTRO EDUDATIVO)

Descrición

Nova actividade organizada por Viaqua (que se levou a cabo no curso anterior como experiencia piloto en algún centro)

Da man das personaxes de Aqualoxía, un monitor/a iniciará ao alumnado no coñecemento da auga da nosa cidade mediante recursos educativos dixitais e interactivos.

O alumnado realizará actividades prácticas onde son parte activa no desenvolvemento dun conto, xogan a descubrir o consumo da auga, descobren a rede de transporte de augas, practican a xestión da auga dunha cidade, ou reflexionan sobre cómo evitar que se manche a auga, experimentando técnicas de laboratorio para analizar e limpar a auga.

Achegamos un arquivo explicativo.

O alumnado que realice esta actividade poderá visitar a ETAP de Ourense (Estación de tratamento de augas potables).

 

Obxectivos

-        Concienciar aos escolares sobre a importancia do medio ambiente e da auga.

-       Achegar aos estudiantes o coñecemento dos ciclos natural e urbano da auga, a través de material audiovisual, de experimentos prácticos e xogos, este programa didáctico trata de potenciar a participación e interacción dos alumnos mediante o uso das novas tecnoloxías.

-       Os escolares coñecerán o ciclo natural da auga a través de un vídeo de debuxos animado coas personaxes: Minerva, Qualo, Vitrubio, Clara e Salvador; realizarán varias actividades, desde xogar a coñecer o consumo de agua nunha cidade, ata descubrir a rede de transporte de auga, e simular sobre cómo evitar que se ensucie a auga experimentando técnicas de laboratorio para analizala e limpiala.

-       Os principios pedagóxicos nos que se fundamenta Aqualogía se basan en metodoloxías didácticas que posibilitan a educación urbana dos máis pequenos, e donde aprender non é unha simple acumulación de coñecementos, senón o desenvolvemento da capacidade de utilizalos.

 Dirixido a

Alumnado de 3.º  de EP.

Periodización

• A actividade ten unha duración de 60 mn, no centro escolar.

Observacións:

Unha vez concedida a actividade e data, considerase inamovible. Ademais de ser aprobadas no Consello escolar.

 

 

Actividade sen costo ningun para os centros escolares

Contacto:aulanatureza@ourense.es

Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica