SAMAÍN: CONCURSO DECORACIÓN CABAZIÑAS SAMAÍN (EI, EP)

Data inicio: 26/10/2018     Data fin: 31/10/2018

SAMAÍN
CONCURSO DE DECORACIÓN DE CABACIÑAS SAMAÍN

A Praza de Abastos organiza un concurso de cabazas para o día de Samaín en colaboración ca Concellería de Educación.
A continuación achego as bases:

( en archivo adxunto podedes descargar as bases e tamén o cartel)

CONCURSO DECORACIÓN CABAZIÑAS SAMAÍN

Bases do concurso decoración Cabaziñas “Cabaziñas SamaÍn na Praza”

Data inicio: 26-10-2018 Data fin: 31-10-2018

1.-Poderán participar os alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria de 0 a 12 anos, dos centros de ensino da cidade.

2.-O obxectivo deste concurso é que os nenos e nenas mostren os seus traballos manuais usando as tradicionais cabazas de SamaÍn, que nestas datas se fan, en especial nos centros educativos.

3.-Os traballos presentaranse sobre unha cabaza, a técnica será libre.

3.b-Ábrese unha segunda categoría, “Concurso decoración de Samain”, na que se poderán presentar abelorios ou obxectos decorativos. Neste rexerán as mesmas bases.

4.-O xurado valorará os traballos presentados polos nenos/as, tendo en conta a orixinalidade, atractivo, e fomento da tradición e do mercado. A temática será libre.

5.-O prazo de presentación será do 26 de outubro ao 31 de outubro rematando o prazo ás 13:00h do mércores.

6.-Os traballos entregaranse na Praza de Abastos Nº1 ou na administración da mesma Praza de Abastos Nº1 en horario de mañá (Alameda do Concello, edificio provisional da Praza de Abastos).

***Deberán aparecer, na base da cabaza unha pegatina cos datos do alumno ou alumna (nome e apelidos, idade, número de teléfono dos representantes legais, e do centro escolar)

7.-Estableceranse 4 categorías, de 0 a 3 anos (E.I.) de 4 a 5 anos (E.I) de 6 a 9 anos (E.P.) e de 10 a 12 anos (E.P) Os traballos gañadores poderanse usar no material promocional que se faga para ese evento.

8.-Cada categoría obterá un 1º premio, consistente nun lote de produtos do mercado.

9.-O xurado estará conformado por dous técnicos da Concellería de Educación e de Cultura e un representante da Praza de Abastos.

10.-Poderanse recuperar todos os traballos o sábado 3, a excepción daqueles que estean moi deteriorados consecuencia do seu carácter perecedoiro.

11.-O Xurado resérvase o dereito a declarar calquera categoría deserta.

Coordinador: Sara Dacal Fernández/Alberto González Villar (988 388 145/ 988220188)


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica