3 DE DECEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Data inicio: 03/12/2018     Data fin: 04/12/2018

Descrición

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e, desde a Concellería de Educación,  queremos dar a coñecer esta data a través de actividades que teñan que ver coa integración na socieade das persoas con discapacidades. Neste caso o faremos a través das artes escénicas e, en concreto, a través do teatro.

Compañía e obra

A compañía ourensá “Teatro Muxicas” é un grupo de teatro dirixido por Tito Asorey que ten como principal particularidade estar composta na súa maioría por actores e actrices cegos ou cunha deficiencia visual grave.

Neste caso poderán disfrutar da obra "O Inspector" que é unha comedia de rítmo frenético, onde dez actores e actrices invidentes ou con problemas visuais graves darán vida nas táboas ao clásico texto de Nikolai Gogol, versionado e dirixido para esta ocasión por Tito Asorey.

Sinopse

A unha localidade gobernada por uns políticos corruptos ata a médula chega a nova de que chegou un inspector do goberno para realizar unha auditoría sobre as copntas públicas dos seus dirixentes.Ante esta situación os gobernantes entran en pánico, procedendo á destrucción de todas as probas que os poidan comprometer.Comezará así unha espiral descendente de sumisión cara ese Inspector, ofrecéndolle todo tipo de agasallos e subornos, chegando a límites insospeitados de tolemia e indignidade.

Obxectivos

Dar a coñecer o Día internacional das Persoas con Discapacidade

Amosar o que son capaces de facer sobre un escenario un grupo de persoas cegas ou con discapacidade visual

Animar ó alumnado da cidade a asistir ó teatro

Dirixido a

Alumnado de 4º curso de ESO, Bacharelato, ciclos formativos e grupos de teatro escolares de centros de ensino da cidade

Periodización

3  e 4 de decembro de 2018

Haberá un pase cada día ás 11.30h

Lugar: Salón actos da Escola Municipal das Artes Escénicas

Observacións

A duración da obra é de 60 min

Os asistentes poderán facer preguntas ós actores e actrices  nun coloquio inmediatamente posterior á  representación 

É imprescindible que o profesor ou profesora acompañante leve consigo á actividade as fichas de autorización da saída de cada menor de idade asistente e as entregue á coordinadora (A ficha de autorización pode descargala nesta páxina)


Tamén achegamos unha folla de avaliación que deberán reenviar debidamente cumprimentada no prazo indicado.


 Coordinación: Isabel Doval Ferro  988 388169 educa.programas1@ourense.es


 


Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica