DEBUXO DA POSTAL DE NADAL (3º EP)

Data inicio: 01/10/2018     Data fin: 20/12/2018


BASES DO CERTAME DE DEBUXO DA POSTAL DE NADAL 2018

BASES


1.-Poderán participar os alumnos e alumnas de 3º de Educación Primaria, dos centros de ensino da cidade.

2.- O obxectivo deste concurso é que os nenos e nenas plasmen nun debuxo aquilo que para eles é significativo e faga referencia ao Nadal.

3.- Os debuxos presentaranse en formato A-4. A técnica será libre, aínda que se recomenda que as cores sexan fortes, e os debuxos grandes, para que destaquen unha vez impresa a postal no papel.

4.- O xurado valorará o conxunto de debuxos presentados por cada centro de ensino, tendo en conta o equilibrio e harmonía entre as ideas e as ilustracións, asi como a orixinalidade dos traballos presentados. O xurado resérvase o dereito a declarar o premio deserto.

5.- O prazo de presentación rematará o 30 de novembro ás 14.00 horas.

6.- O profesorado, fará unha selección dos mellores traballos na aula, que entregará, no rexistro xeral do Concello de Ourense, cubrindo unha instancia de procedementos xerais do Concello.

Indicando:

  • No apartado de "DATOS PERSOAIS", os datos do centro escolar.

  • No apartado "SOLICITO" a relación de debuxos presentados para o CERTAME DEBUXO DE NADAL 2018"- CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN.

    ***Deberán aparecer, no reverso
    de cada debuxo os datos do alumno ou alumna (nome e apelidos, curso, centro, teléfono de contacto e profesor ou profesora responsable)

    7.- A clase gañadora recibirá material didáctico, e o neno ou nena un lote de libros e a impresión da postal que servirá de felicitación de Nadal do Concello de Ourense.


8.- A entrega de premios será o día 12/12/2018 ás 12h no centro escolar gañador.


9.- A participación neste concurso, supón a aceptación destas bases.


Ourense, 24 de setembro de 2018






Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145 / educa.programas2@ourense.es)



Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica