ARQUINENOS / 5º E 6º EP

Data inicio: 15/01/2018     Data fin: 31/05/2018


 DESCRICIÓN

 A falta do coñecemento do espazo, da importancia da habitabilidade individual e a falta do desenrolo creativo, son as causas máis influentes da carencia da beleza e do senso nas nosas construcións. As nosas rúas, os nosos barrios, tódolo que nos envolve caracterízase por unha deshumanización moi avanzada. Inculcar o sentido e desenrolo creativo e apreciativo, despertar nos nenos e nenas o interese polo que os rodea e polo sentimento que lles produce o espazo que habita, estimular a imaxinación e a creatividade; ensinando a percibir e fomentando o desexo de investigación e exploración do entorno, son as bases deste proxecto. Da capacidade de observar surxe o desexo de modificación do entorno,  fomentando o interese polo arquitectónico e o urbanístico.


                Arquinenos é un taller de aprendizaxe e desenvolvemento de visión tridimensional do espazo; pensar e construír, debuxar. Descubrir como a luz e a gravidade se comportan: a luz que se acumula ao longo do tempo, e da gravidade que constrúe o espazo. En suma; para aprender a imaxinar o espazo e o tempo, aprender a comprender e sentir. Os obradoiros parten da igualdade, fomentando a iniciativa a participar, respetando a diversidade das nenas e nenos, ensalzando as cualidades e aptitudes caracterizantes de cada un. Os rapaces propondrán, transformarán, criticarán e cuestionarán a tódo-los niveis e escalas.



 OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

·         Desenrolar a imaxinación  e creatividade espacial
·         Descubrir a importancia da natureza nos desenvolvementos estructurais e ornamentais
·         Desenrolar destreza manual e aprender a medir
·         Potenciar o traballo en equipo e o espírito cooperativo e colaborativo
·         Desenrolar actividades manuais e psicomotoras específicas ó contacto con materiais diversos
·         Aprender a traballar a tridimensionalidade e a construcción de espazos e estructuras a través do xogo e a diversión
 

1.METODOLOXÍA

                Trátase dunha metodoloxía activa e participativa, mediante o traballo en equipo. Potenciarase o desenrolo persoal e a cooperación, o aprendizaxe mutuo entre os participantes, e valores como a tolerancia, a responsabilidade e a colaboración.

                Traballaremos  mediante xogos e a elaboración de debuxos, construcións e maquetas de distintas escalas (a maioría elaboradas con materiais de reciclaxe). Os nenos e nenas experimentarán cos distintos materiais e formas, descubrirán a importancia da estrutura e comprenderán o significado da escala e a proporción. Ademais, tamén elaborarán construcións axeitadas ao seu tamaño desenvolvendo así a súa capacidade espacial en relación co seu propio corpo.

SEMANA DA ARQUITECTURA
                O tempo de duración é dunha semana, o desenvolvemento do taller dependerá das idades e dos obxectivos acordados coa institución. O final realizaremos unha exposición do traballo realizado o longo da semana de cara ó público.

ACTIVIDADE DUNHA SOA XORNADA
É un taller organizado para so un día, con idades comprendidas entre os 5-8 anos ou 9-12 anos. Nesta xornada os participantes aprenderán en qué consiste o apaixonante mundo da arquitectura, e farán unha construción de grupo.
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR ANUAL
O obradoiro de arquitectura levarase a cabo durante o ano escolar, unha hora e media á semana. Cada trimestre centrarémonos nun destes tres aspectos: material, entorno e cidade. O ser unha actividade de continuidade, os nenos e nenas asimilarán e adquirirán novos coñecementos para realizar o seu propio miniproxecto o derradeiro mes do curso escolar. Tamén haberá unha exposición ó final do curso cós exercicios máis destacados.
MAMMATERIALES E RECURSOS DIDÁCTICOS

Para desenrolar as actividades necesitaríanse varios materiais e recursos propios e específicos para cada unha das actividades. Moitos verían dados polo propio centro ou ente organizadora e outros moitos encargaríamos nos de organizar e planear a súa recollida. Algúns exemplos serían:

·         Un aula por actividade.
·         Un proxector.
·         Unha pizarra e tizas/rotuladores de tres cores.
·         Materiais reclicados: telas, papeis, cartóns, tetrabrics, contenedores de reciclaxe (pódense conseguir en puntos limpos ou almacéns municipais), retais de materiais diversos, etc.
·         Pintura plástica
·         Area
·         Cordas de esparto ou lá
·         Rotuladores ou pinturas de cores

Coordinadora: 
Stella Estrada Mosquera 988388136 / correo: educa.programas4@ourense.es 
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica