ALFABETIZACIÓN ENERXÉTICA. / 6º EP/ ESO E BACH.

Data inicio: 15/01/2018     Data fin: 31/05/2018

DESCRICIÓN

Trátase dun taller básico de alfabetización enerxética en relación coas nosas vivendas, edificios e o uso que facemos dos mesmos a hora de habitalos. As características dos edificios pasivos (edificios de consumo case nulo) responden a principios moi básicos de física, enerxía e sentido común. Tan básicos que os entendería un neno de 6 anos, e bastaría so un día para introducilos na mente dos nenos, a pesar de que gran parte da sociedade viva ignorante e allea a eles. 

Por elo, plánteanse este tipo de actividades. Porque en moitos casos é máis sinxelo formar e sensibilizar a un neno e porque a través deste é, a súa vez, máis doado chegar ó adulto. Polo tanto, este tipo de actividades cumpren cunha dobre función divulgativa-formativa, tanto a nivel das xeracións futuras, como das actuais a través delas. 

O presente proxecto está dirixido para todos os centros educativos:

Grupo 1: 6º de primaria
Grupo 2: primer ciclo de ESO
Grupo 3: segundo ciclo de ESO
Grupo 4: Bacharelato


Para nenos a partir de 6º de primaria, dado que xa, deste nivel, formativo e coa impartición da materia de Coñecemento do Medio, comezan a ter unhas nocións de ecoloxismo e das leis intrínsecas á natureza. Poderá desenvolverse ata o final dos estudos de 2º de Bacharelato, dado que o contido do mesmo especializarase e alcanzará un maior nivel científico, adaptándose en todo momento ó nivel formativo dos alumnos. 
 



OBXETIVOS XERAIS

- Sensibilizar ós nenos e nenas a coidar do medio ambiente
- Desenrolar o pensamento crítico
- Educar nos diferentes ámbitos: social, cultural e natural
- Potenciar actividades alternativas no tempo libre
- Potenciar o traballo en equipo e o espírito cooperativo e colaborativo
- Aprender os diferentes métodos de aforro enerxético mediante o xogo e a diversión.




METODOLOXÍA

Trátase dunha metodoloxía activa e participativa, mediante o traballo en equipo. Potenciarase o desenrolo persoal e a cooperación, o aprendizaxe mutuo entre os participantes, e valores como a tolerancia, a responsabilidade e a colaboración.
Darase formación teórica por parte do persoal que será aplicado na práctica por parte do alumnado, para a súa óptima comprensión e interiorización dos conceptos tratados. Realizaranse a este fin xogos, pequenas construcións e maquetas onde quedará demostrada a veracidade dos contidos teóricos ensinados. Os nenos e nenas experimentarán cos distintos materiais e formas, descubrirán a importancia da envolvente térmica e o aforro enerxético nos edificios e comprenderán o que implica a construción dun edificio de baixo consumo. 
SEMANA DA ARQUITECTURA
O tempo de duración é dunha semana, o desenvolvemento do taller dependerá das idades e dos obxectivos acordados coa institución. O final realizaremos unha exposición do traballo realizado o longo da semana de cara ó público.
ACTIVIDADE DUNHA SOA XORNADA 
É un taller organizado para so un día,  nun rango de idades acordadas coa institución. Nesta xornada os participantes aprenderán os principais conceptos de consumo enerxético aplicado á edificación, tomando conciencia da importancia do aforro e o esencial de acadar unha arquitectura de baixo consumo.

ACTIVIDADE ANUAL
O obradoiro de Alfabetización Enerxética levarase a cabo durante o ano escolar, unha hora e media á semana. Ó ser unha actividade de continuidade, os alumnos e alumnas asimilarán e adquirirán novos coñecementos para realizar o seu propio miniproxecto o derradeiro mes do curso escolar. Realizarase unha exposición ó final do curso cós exercicios máis destacados. Relacionarase o traballo feito nos talleres coas asignaturas correspondentes impartidas polo centro docente, como por exemplo Coñecemento do Medio, Tecnoloxía, Matemáticas, Física e un largo etc.


MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS

Para desenrolar as actividades necesitaríanse varios materiais e recursos propios e específicos para cada unha das actividades. Moitos verían dados polo propio centro ou ente organizadora e outros moitos encargaríamos nos de organizar e planear a súa recollida. Algúns exemplos serían:
Un aula por actividade
Un proxector
Un medidor de CO2
Unha pizarra e tizas/rotuladores de tres cores
Materiais reclicados: telas, papeis, cartóns, tetrabrics, contenedores de reciclaxe, retais de materiais diversos, etc.
Pintura plástica
Area
Cordas de esparto ou lá
Rotuladores ou pinturas de cores
O libro: “Construimos una casa pasiva solar” de María Feirer y Alexandra Frankel


ACTIVIDADES

As actividades desenvolveranse en función do rango de idade do alumnado, adaptándose ós seus coñecementos previos e ó seu nivel formativo. 

O CUBO DE XEO

Consiste en recoñece-lo problema das fugas de calor nas nosas vivendas e localizar solucións para evitalas e, deste modo, aforrar enerxía. A actividade poderíase combinar con outra actividade escolar de aprendizaxe-servizo, na que sexan os alumnos os que deben transmitir ós seus pais os coñecementos adquiridos.

CARTA DOS SABIOS
Explicación do proceso evolutivo do deseño dos edificios en relación ó consumo enerxético dos mesmos mediante diapositivas que se relatarán, no caso das franxas de idades máis novas, coa estrutura de conto tradicional a través duns personaxes que serán denominados como “Os Sabios”.


NENAUDITORÍA ENERXÉTICA

Consiste en ser consciente da necesidade da enerxía: ónde gastamos enerxía, con qué finalidade. Definirase o que se entende como nivel de confort e os medios necesarios para alcanzalo. Analizaranse das enerxías renovables e non renovables para alcanzalo: o concepto de finito. Reflexionarase sobre a responsabilidade social persoal: a posibilidade dunha mellor calidade de vida cun menor consumo de enerxía.


ESTUDIO DA CONCENTRACIÓN DE CO2

Consiste en estudar a variación do dióxido de carbono no entorno, tanto no interior das aulas coma nos arredores. Con este fin, realizaranse medicións de CO2 dentro da aula sen alumnos, dentro da aula con alumnos e as ventás pechadas, dentro da aula con alumnos e as ventás abertas, nos corredores, no patio e na rúa a diferentes horas do día: oito da mañá, na hora do recreo e ás dúas da tarde. Tomaranse anotacións das condicións meteorolóxicas, por observación directa ou por consulta por Internet. Realizaranse representacións gráficas e elaboraranse conclusións a partires dos datos obtidos.




CONDICIÓNS PARTICULARES

O grupo técnico presente na oferta respetará, en todo momento, as normas e procedementos internos de Prevención de Riscos Laborais nos centros de traballo. 
A empresa cumprirá en todo momento coas súas obrigas ante a seguridade laboral, que serán postas a disposición do cliente no caso de ser requiridas.
Contarase cun seguro de responsabilidade civil que cubra os posibles incidentes na realización de calquera das actividades.


Coordinadora:
Stella Estrada Mosquera (988388136/ Correo:educa.programas4@ourense.es



Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica