TI RECICLAS, OURENSE GAÑA / 5º 6º EP.
Data inicio: 01/02/2018 Data fin: 30/03/2018
DESCRICIÓN
A evolución social dos últimos decenios acadou un aumento da calidade de vida reflectido na mellora da hixiene, da sanidade, da alimentación, do benestar social,... sen embargo éstas ainda que positivas, traen asociados impactos ambientais importantes que temos que xestionar do mellor xeito posible para tratar de evitalos e para non alterar o medio ambiente no que vivimos. Un deses impactos é o aumento da xeración de residuos debido ao incremento do consumismo da poboación e do número de embalaxes que se empregan na comercialización de productos ( papel, cartón, vidro, plásticos, metais,...) e polo emprego de envases de usar e tirar. Toda esta situación provocou un crecemento contínuo no volume de refugallos xerados por habitante e día ata os 1,216 Kg/habitante rexistrados no ano 2009.
OBXECTIVOS
Entender o medio como un ben común a todos os cidadáns e digno de protección.
Contribuir á reducción da emisión de gases o efecto invernadoiro e en especial reducir a pegada ecolóxica, comezando dende o ambiente escolar.
DESTINATARIOS/AS
Escolares de 5º e 6º de Educación Primaria.
PERIODIZACIÓN
Do día 1 de febrero ao 28 de febrero
Nos centros educativos
Esta actividade ten unha duración de 90 minutos, aproximadamente
ACHEGAS DA CONCELLERÍA
Monitor de Educación ambiental.
Guía didáctica
Coordinadora:
Stella Estrada Mosquera (988388169/ Correo:educa.programas4@ourense.es