VISITA Á ETAP / ESO / BACH. e CICLOS

Data inicio: 02/04/2018     Data fin: 31/05/2018


A actividade céntrase na visita guiada á Estación de Tratamento de Augas Potables (ETAP) na cidade de Ourense, onde se lles dará aos escolares unha
explicación previa, a través dun soporte didáctico, do proceso que van ver: a Potabilización.
Despois os operarios da planta porán a funcionar un filtro para que os escolares vexan en directo a limpeza desta, ademáis de estaren sempre dispoñibles para resolver as dúbidas que puidesen xurdir.



OBXECTIVOS

Coñecer a importancia e necesidade de potabilizar as augas
Coñecer o complicado e custoso labor de captación, potabilización, almacenamento e distribución da auga.
Concienciar da necesidade de non malgastar a auga potable.


DESTINATARIOS/AS
            
Alumnos de E.S.O. / Bacharelato e Ciclos


PERIODIZACIÓN

Do día 02 de abril ao 31 de maio
Na ETAP.A charla será nunha aula da Escola de Música fronte a ETAP
Esta actividade ten unha duración de 60 minutos, aproximadamente


ACHEGAS DA CONCELLERÍA

Autocares para os centros máis afastados


OBSERVACIÓNS

Por decisión dos técnicos da planta só se admiten grupos de 15 persoas.


Coordinadora: 
Stella Estrada Mosquera (988388136/ Correo: educa.programas4@ourense.es
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica