DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Data inicio: 23/04/2018     Data fin: 23/04/2018

DÍA DO LIBRO

Desde a Concellería de Educación celebramos o día Internacional do Libro invitando a distintos centros escolares para participar co alumnado de distintas idades e fomentando así o hábito lector.

As distintas actividades levaranse a cabo na rúa do Paseo:

  • Diante da Sala Valente, dará comezo o evento coa lectura de “O Principiño” co alumnado do Cpr Luis Vives , con 100 nenos e nenas de 6º EP e 1º ESO, acompañados da música do profesorado da Escola Municipal de Música.

  • A altura da escultura da Leiteira, situarase a actividade “Bibliotecas na rúa”, onde os bibliotecarios municipais realizarán un contacontos para os alumnos/as do CPR La Purísima con 50 alumnos/as de 1º e 2º EP.

  • Na escalinata dos Xardíns Padre Feijóo a Escola Municipal de Teatro escenificará un contacontos para rapaces do CEIP As Mercedes e CPR Cisneros para 51 alumnos/as de Educación Infantil.

FELIZ DÍA DO LIBRO!!!!


Coordinadora: Sara Dacal Fdez (988 388 145/ educa.programas2@ourense.es)
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica