MÚSICA.:CONCERTOS DIDÁCTICOS DE JAZZ PARA ESCOLARES ( ESO)

Data inicio: 15/03/2018     Data fin: 16/03/2018


Descrición 

Este ano como novidade os alumnos e alumnas de ESO poderán disfrutar dun concerto didáctico de Jazz a cargo do grupo ourensán "The Jezz Trio"
Estes conciertos consistirán nun  achegamento didáctico e práctico nos que o público asistente escoitará temas caracteristicos de distintas épocas interpretados por este trío, desde os inicios do Jazz ( finais do século XIX, princios do XX ) ata a época actual pasando polos seus  distintos periodos: Ragtime, Dixieland, Swing, Bebop, Cool, Hardbop, Free, Fusión, Neobop, ...así como as últimas tendencias de fusionar a linguaxe  do jazz cos rítmos actuais ( Hip Hop, , etc,)...


 
BXECTIVOS PEDAGÓXICOS

- Aprender a gozar da asistencia a un concerto didáctico.
- Fomentar actitudes de valoración pola interpretación da música en directo dun concerto.
- Escoitar e recoñecer a música jazz
- Comprender a necesidade de unión do ritmo, melodía e armonía como elementos da música para a interpretación de pezas musicais.

DIRIXIDO A 

Alumnado de ESO

PERIODIZACIÓN

15 e 16 de marzo de 2018
Haberá dous pases:cada día: Ás 10.00h e ás 12.00h 
Esta actividade terá lugar no salón de Actos da Escola Municipal das Artes Escénicas

Observacións
  • Poden descargar a unidade didáctica desde esta web para traballar previamente o concerto 
  • Duración aproximada de 60 min
  • Indicar na inscrición a data e horario preferente
  • Imprescindible que o profesor acompañante entregue no Auditorio as follas de autorización (unha por alumno e alumna asistente) 
  • Despois de asistir ao concerto teñen que enviar por e.mail a folla de avaliación nun prazo de 3 días máximo

Coordinación

Isabel Doval Ferro: educa.programas1@ourense.es/988388169
Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados
deseño e programación: ACV Galaica